GALICIA
Feijóo trasladará ao Goberno novas medidas para Galicia
Entre elas está a apertura da actividade en talleres e concesionarios, así como a posibilidade da apertura doutros establecementos comerciais, coas limitacións que sexan precisas, como o límite de aforo ou a cita previa
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou onte tras a reunión do Consello que este domingo trasladará ao Goberno de España novas medidas que se poden empezar a levar a cabo na Comunidade, como a venda de produtos agrícolas e gandeiros en mercados municipais ao aire libre; abrir a rehabilitación en edificios; ou a práctica de deportes individuais, durante unha hora ao día, como poden ser ir a correr ou camiñar.
Nesta mesma liña, expuxo tamén a posibilidade de contemplar a apertura doutros establecementos comerciais, tal e como xa fixeron noutros países, coas limitacións que sexan precisas, empezando polas pequenas superficies e limitando aforos ou con cita previa. Ademais da apertura da actividade en talleres e concesionarios, garantindo a seguridade.
Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta fixo fincapé en que é imprescindible, “a estas alturas”, un horizonte previsible de volta á nova normalidade en todos os sectores económicos: gradual, dinámico e reversible, para tomar decisións persoais, laborais e empresariais. “Estamos a falar da necesidade de aclarar as condicións de volta ao traballo previsible, no ámbito social e no ámbito educativo, así como dun sistema de apertura e peche flexible”, dixo, subliñando que o Executivo galego está a avaliar as primeiras bases da desescalada que considera razoable plantexar xa en Galicia, de acordo coa situación da pandemia e a situación epidemiolóxica da Comunidade.
Subliña que a Xunta está a avaliar as primeiras bases da desescalada que considera razoable plantexar xa en Galicia, apostando por unha desescalada por zonas e subzonas; cunha peza separada para o rural; e que teña en conta a idade, as características demográficas, a mobilidade e o estudo epidemiolóxico en marcha
Unha desescalada por zonas e subzonas, cunha peza separada para o rural
Sobre este punto, referiuse a algunhas cuestións que a Administración autonómica terá en conta no traballo de desescalada que xa está facendo para propoñer ao Goberno central, entre as que destacou: establecer a desescalada por zonas e subzonas; facer unha peza separada para o rural; e ter en conta a idade dos cidadáns, as características demográficas de cada zona e subzona, a mobilidade que se produce e o estudo epidemiolóxico, que xa está en marcha. “En definitiva, empezamos a traballar na desescalada que ten que ser progresiva, rigorosa e dinámica”, dixo.
Feijóo concluíu incidindo en que a desescalada só se pode facer se hai seguridade sanitaria. “Todas as decisións de ir abrindo distintos sectores económicos teñen que ter o respaldo sanitario”, recalcou, insistindo en que manter a distancia social, o lavado de mans de forma constante, extremar as precaucións e o uso de mascarillas en determinados contextos e para determinadas persoas é o que vai permitir conter a pandemia e volver á nova normalidade.
“Non podemos baixar a garda”, aseverou, trasladando a confianza en todos os galegos, que durante estas seis semanas, recordou, “están tendo un comportamento exemplar”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136