GALICIA
A Xunta participa nada Comisión de Transparencia para velar polo cumprimento do acceso á información pública
A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, participou está onte nunha reunión por videoconferencia deste órgano para dar resolución ás actuacións presentadas, no marco da Lei Galega de Transparencia e Bo Goberno
A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, participou onte por videoconferencia na reunión da Comisión de Transparencia para continuar a dar trámite e avanzar na resolución das actuacións presentadas respecto ao acceso á información pública solicitada pola cidadanía.
O encontro estivo presidido pola Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño; e contou tamén coa participación de representantes do Consello Consultivo de Galicia, do Consello de Contas, e da Federación Galega de Municipios e Provincias.
Esta comisión enmárcase na Lei galega de Transparencia e Bo Goberno, que ten como obxectivo fundamental facilitar á cidadanía unha maior cantidade de información da que dispoñía e da que establece a lexislación estatal. Deste xeito, a Xunta reafirma o seu compromiso no que respecta á transparencia e ao libre acceso dos cidadáns á información e Galicia converteuse na comunidade que máis obrigas ten asumido nesta materia coa senda iniciada en 2016 a través da aprobación súa normativa autonómica.
Neste ámbito, unha das ferramentas máis importantes é o Portal de Transparencia e Goberno aberto da Xunta, que situou a Galicia á vangarda do Estado e que contén mais de 1.200 páxinas web onde se poden visualizar mais de 3.000 documentos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.118