Lunes, 23 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 28 de Abril de 2020 Tiempo de lectura:
Mos

Mos contratará a 19 traballadores co Plan Concellos

Para elo a administración local realiza unha reestructuración pospoñendo unha obra prevista para dar prioridade ao emprego

A primeira Xunta de Goberno Local tras a declaración do estado de alarma pola crise do COVID-19 celebrouse esta mañá por videoconferencia tomando un acordo de gran importancia dados os momentos actuais. Aprobouse a reestructuración da Liña 3 do Plan Concellos, pasando a destinar o importe íntegro concedido, á contratación de 19 persoas.

 

En principio estaba previsto destinar esta Liña 3 á contratación de 7 persoas e a realización dunha obra, sen embargo, e ante a incertidume económica, social e laboral que está a vivir o país en xeral e o municipio en particular, e que conta tamén cun pronóstico de futuro incerto neste senso, desde o Concello de Mos decidiuse centrar o Plan Concellos na contratación de persoal.

 

[Img #62372]

 

Polo tanto, desde o Concello de Mos determinouse desestimar a obra prevista pospoñéndoa, para aprobar a contratación de 12 persoas a maiores, sumando un total de 19. Deste xeito, a administración local mosense investirá un total de 221.042,70 euros  en contratar a 19 peóns e operarios para postos de diferentes tipos, durante un período de 6 meses e a xornada completa.

 

Neste senso a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, declaraba que "debido á situación que nestes intres estamos vivindo, desde o Concello dámoslle prioridade ao emprego e as obras poderán esperar. Creo que o pensar e o sentir dos mosenses coincidirá con este razoamento, e por iso, como alcaldesa póñome na súa pel e como equipo de goberno local poñémonos na súa pel, véxome e vémonos na obriga de actuar como a veciñanza mosense o faría".

 

A contratación destes 19 traballadores/as suporá unha vía económica e laboral para 19 familias que poidan estar sufrindo unha dura situación, incluso de necesidade, por mor desta actual crise do COVID-19.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.