Lunes, 01 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 01 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño ofrece circuitos de paseo no Río Louro

As Concellerías de Medio Ambiente e Deportes prepararon nestes días circuitos sinalizados no paseo do Río Louro cara ao sábado 2 de maio con motivo da desescalada que permitirá saír a camiñar só ou en parella así como a correr de xeito individual.

 

O uso do Paseo do Río Louro, a partir deste sábado e ata novo aviso, estará prohibido para ciclistas e bikers por que a súa convivencia con corredores e camiñantes sería imposible dadas as medidas de hixiene social que haberá que observar.

 

Os traballos de preparación incluiron desbroce e limpeza do paseo, sinalización dos circuítos que deberán empregarse así como recomendacións sobre o sentido da marcha e as distancias de seguridade.

 

Esta tarde, O Concello do Porriño subirá ás súas redes sociais un vídeo explicativo que describe os posibles circuitos así como un gráfico e unha guía de recomendacións e prohibicións.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.169

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.