VIGO
O goberno municipal resolve continuar a tramitación do Barrio do Cura e a ampliación do Ifevi
O Consello da Xerencia de Urbanismo tomou coñecemento na sesión deste martes de dúas resolucións que avogan pola restablecemento da tramitación da ampliación do Recinto Feiral de Vigo e da modificación do PXOM para o Barrio do Cura
“O Concello está operativo en termos de traballo, seguimos dando licenzas e autorizacións e queremos que se reanuden algunhas cuestións”, declarou o alcalde ao informar da toma de coñecemento no Consello da Xerencia de Urbanismo da tramitación de dous dos proxectos que estaban en marcha na cidade no momento de declararse o estado de alarma.
Caballero apuntou que na ampliación do IFEVI “queremos que se estableza a declaración de urxencia para a expropiación dos terreos e queremos que se continúe coa tramitación de todo o proxecto, non queremos que teña ningún retraso”. Así, a Xerencia de Urbanismo declarou a urxencia da expropiación e o carácter prevalente de utilidade pública do mesmo.
En relación ao Barrio do Cura, o rexedor afirmou que “non queremos que se ralentice, queremos que continúe, dando un marco de seguridade xurídica para que se execute o antes posible o barrio, unha obra importantísima na cidade e máis no momento actual no que urxe reactivar a edificación”. O Consello da Xerencia resolveu continuar co procedemento de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana para reordenar o Barrio do Cura declarando que non opere a suspensión de prazos que contempla o estado de alarma neste proxecto de interese público con incidencia directa na vida da cidadanía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217