MOS
Mos pon en marcha un Estudo do Impacto Económico do COVID-19
Estase contactando coas 2.000 unidades empresariais mosenses para obter os datos necesarios para este documento, que servirá de base e guía de cara a emprender as medidas oportunas
A alcaldesa de Mos ven de anunciar a realización por parte do Concello dun Estudo do Impacto Económico do COVID-19 en Mos mediante contacto directo con todas as empresas do municipio.
O estudo está a ser coordinado desde a Axencia de Colocación mosense, contando con 5 técnicos/as traballando no mesmo, e con todo o equipo de goberno local implicado no proxecto.
O contacto coas preto de 2.000 unidades empresariais existentes no termo municipal estase a facer vía telefónica. As chamadas comezaron hoxe mesmo e prolongaranse durante un prazo dunha semana. Tras a ronda de chamadas para a recompilación de datos, elaborarase o documento do estudo do impacto económico, que se estima estea finalizado para poder facelo público durante o presente mes de maio.
![[Img #62496]](https://xornal21.com/upload/images/05_2020/5494_veigadana_1.jpg)
No Concello de Mos existen unhas 2.000 unidades empresariais, habendo autónomos e PEMES (Pequenas e Medianas Empresas) nas 10 parroquias mosenses. Se ben, as grandes empresas concéntranse maioritariamente nas parroquias de (no seguinte orde): Tameiga, Petelos, Sanguiñeda e Louredo.
Isto é debido a que nestas 4 parroquias atópanse os principais polígonos e zonas industriais do municipio: os polígonos do Rebullón e Monte Faquiña en Tameiga, o PEMOS-Veigadaña e parte do SUDI Cebral en Petelos, a zona urbana da Avenida de Sanguiñeda e a zona de Amieirolongo na parroquia de Sanguiñeda, e o polígono de Arrufana-Santiaguiño en Louredo.
Recibirán a chamada do Concello de Mos para a elaboración deste estudo as 2.000 unidades empresarias mosenses, comezando polos autónomos e establecementos que permaneceron ou permanecen aínda totalmente pechados ao público pola crise do COVID-19 tales como: perruquerías, centros de estética, comercios ao pormenor de moda e deporte, bares e cafeterías, restaurantes, etc.
Continuarase por todas as demais ata completar as 2.000 e dispoñer de todos os datos necesarios para elaborar o estudo que permita ter unha fotografía real da situación económica empresarial do municipio, e, a partir dela, buscar as vías necesarias para emprender as medidas oportunas ao respecto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58