Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 07 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Subdelegación de Goberno distribúe máis de 140.000 máscaras na provincia

A subdelegada do Goberno agradece á Presidenta da Deputación a súa colaboración na repartición directa a entidades locais da provincia

Durante a xornada de onte, a subdelegada do Goberno,  Maica  Larriba, visitou as instalacións do Parque Móbil do Estado en Pontevedra, sendo acompañada polo presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias e alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela.  Desde alí estase levando a cabo  a distribución provincial do material sanitario que xa o pasado mes está a entregar o goberno de España a todas as provincias. Larriba informou ao alcalde de Vilagarcía os criterios de distribución que o Ministerio de Transporte adoptou para a entrega de estas máscaras así como as labores de entrega feitas desde a Subdelegación.


En concreto, en Pontevedra esta repartición está a coordinarse desde a propia Subdelegación coas entidades municipais e provinciais. Alberto Varela comentou as necesidades a nivel local dos municipios galegos e a importancia de distribuír este material tanto para os propios servizos municipais que están a desenvolver unha actividade imprescindible como para a poboación con menos recursos.


Para iso cóntase con máis de 140.000 unidades de máscaras que serán entregadas a todos os concellos pontevedreses. En concreto 83.000 unidades serán repartidas directamente pola Subdelegación de Goberno aos nove concellos con máis de 20.000 habitantes e outras 57.000 unidades ao resto dos 61 municipios que conforman a provincia.


Para estas entregas nos municipios de menos de 20.000 habitantes cóntase coa colaboración da  Deputación de Pontevedra. No día de onte,a súa presidenta provincial, Carmela Silva comunicou á propia subdelegada do Goberno a colaboración da institución provincial para realizar a repartición a través da súa infraestrutura, tan próxima aos municipios.  Maica  Larriba quixo “agradecer a inestimable colaboración da presidenta da Deputación para esta acción de repartición tan importante para os concellos”.

 

 

 

 

Este mediodía,  Maica  Larriba visitou xunto ao presidente da  FEGAMP e alcalde de  Vilagarcía, Alberto Varela, as instalacións do centro de distribución do material sanitario entregado polo Ministerio de Transportes

 

 

 


Con esta nova entrega, xa que na primeira fase de entrega de máscaras púxose a disposición dos concellos da provincia otras case 40.000 unidades de máscaras que foron entregadas de xeito directo aos concellos a través da propia entidade supramunicipal  galega.


Igualmente trasladou ao presidente da  FEGAMP, Alberto Varela a necesidade de seguir traballando conxuntamente neste novo tempo de  desescalada no  compromiso colectivo, tanto das institucións como de toda a  cidadanía para seguir transitando cara a unha nova normalidade”.


A terceira fase desta operación de máscaras é a entrega de 20.000 unidades a entidades sociais como a Cruz Vermella, Cáritas e as entidades integradas en  CERMI (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade).


O Goberno de España  distribúe ao longo deste semana 14,5 millóns de máscaras na totalidade do país, sendo seis millóns entregadas aos usuarios de transporte colectivo, reparto feito entre o luns e o martes polas CFSE, e os sete millóns que se reparten nestes días entre os concellos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.