Martes, 07 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 09 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Rematada a reforma da rotonda de acceso ao polígono Chan da Ponte

Esta actuación, cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros, permitiu incrementar o diámetro da glorieta para que as manobras dos vehículos pesados se poidan realizar en condicións máis cómodas e seguras

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de reforma da rotonda de acceso ao polígono Chan da Ponte, na estrada PO-403, mellorando a accesibilidade ao parque empresarial de Salvaterra de Miño.

 

Esta actuación, cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros, centrouse na ampliación do diámetro da glorieta para que as manobras dos vehículos pesados se podan realizar en condicións de maior seguridade e comodidade.

 

 

 

 

A Xunta continúa a colaborar cos concellos para dotalos de infraestruturas que melloren a seguridade viaria e fomenten o desenvolvemento económico e social

 

 

 

 

As obras permitiron mellorar a accesibilidade dende o punto quilométrico 0+870 da estrada PO-403 ao citado parque empresarial e tamén o acceso a unha importante zona de servizos do concello.

 

O departamento de Infraestruturas da Xunta continúa a colaborar cos concellos galegos para dotalos de infraestruturas que melloren a seguridade viaria e fomenten o desenvolvemento económico e social.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.