Lunes, 30 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 30 de Marzo de 2026 a las 19:34:08 horas

Xornal21.es
Domingo, 10 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Néstor Rego insta ao Goberno a abrir os pasos fronteirizos das Eurocidades

O deputado nacionalista subliña que o territorio transfronteirizo está a sufrir un dobre impacto económico xerado polo peche de fronteiras e a COVID-19

O deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego, vén de solicitar ao Goberno a apertura inmediata dos pasos fronteirizos das Eurocidades do Miño para permitir a circulación de traballadores e traballadoras que deben desprazarse ao seu posto de traballo no estado veciño. Así mesmo, Rego solicita un estudo dos danos económicos,  a inxección de fondos suficientes e a activación de políticas de apoio á zona transfronteiriza xa que durante todo o estado de alarma está a sufrir un “dobre impacto económico, tanto polo peche de fronteiras como pola COVID-19”.

 

Rego presentou xa a pasada semana unha proposición non de lei na que destaca que a cooperación transfronteiriza a ambos lados da fronteira é unha das máis consolidadas e con máis tradición en España e Europa. Destaca que o territorio transfronteirizo do Miño é a área máis dinámica economicamente da Unión, tanto por estar no medio do eixo Vigo-Porto como por compartir relacións comerciais, industriais, culturais e lingüísticas. De feito, a fronteira de 70 quilómetros con Portugal en Pontevedra é a que asume o 49% de todos os tránsitos entre os dous estados.

 

Sen embargo, lembra o deputado, a pesares desta situación, cando se decretou o peche de fronteiras para conter a COVID-19 non se tivo en conta o funcionamento e xestión compartida das Eurocidades, e o confinamento supuxo un duro golpe para as súas economías, motivo polo que agora que se entra na fase de desescalada é preciso apostar por abrir os pasos fronteirizos e permitir a intercomunicación.

 

 

 

 

Insta a realizar un estudo e a promover fondos suficientes para paliar os danos económicos e activar políticas de apoio

 

 

 


 
Nestes momentos, só está aberto unha das seis pontes que cruzan o río Miño o que, nalgúns casos, provoca rodeos de traballadores e traballadoras dunha e doutra marxe que chegan ata os 100 quilómetros, o que fai inasumible economicamente o custe do desprazamento en relación ao salario percibido. Así, tendo en conta as medidas de control precisas, solicítase que non só estea aberto o paso de Tui-Valença, senón que se abran outros.

 

Tamén se solicita, entre outras medidas, a elaboración dun estudo de impacto, que se destinen todos os fondos necesarios para paliar o dano do peche da fronteira e da COVID no territorio, así como a adopción de políticas de reactivación económica. Fai fincapé, así mesmo, na necesaria coordinación entre os gobernos portugués e español para a desescala e na armonización de medidas e activiades permitidas a ambos lados da fronteira.

 

Por último, o deputado nacionalista Néstor Rego subliña a importancia de que o Goberno se dirixa e dialogue coa Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza do Miño (AECT Rio Minho) como axente institucional e xurídico polo seu coñecemento do terreo, como mellor instrumento para a proposición de medidas conxuntas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.