Martes, 10 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 08 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O DOG a transferencia a prol do Concello de Salceda dun treito da estrada provincial

Trátase do treito inicial de 350 metros da EP-2505 ao seu paso polo núcleo urbano

O Diario Oficial de Galicia  publicaou o decreto de aprobación do cambio de titularidade a prol do Concello de Salceda de Caselas dun treito da estrada provincial EP-2505 ao seu paso polo núcleo urbano do municipio
No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: https://cutt.ly/bylduf1


O Concello solicitou á Deputación Provincial de Pontevedra o cambio de titularidade do treito inicial da estrada que une Salceda de Caldelas, entre os puntos quilométricos 0+000 e 350. Esta petición dá cumprimento ao previsto nun convenio asinado entre as dúas administracións.


A Administración provincial acordou aprobar o cambio de titularidade proposto, polo que emitiu informe favorable para a transferencia dos 350 metros iniciais da vía provincial e solicitou o cambio de titularidade desta estrada á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

 

 

 

 

O departamento de Infraestruturas da Xunta ten entre as súas funcións a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da comunidade autónoma e das entidades provinciais e locais

 

 

 


A transferencia a prol do Concello de Salceda de Caselas tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que estable a súa aprobación por decreto da Xunta, a proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade como competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións implicadas.


Co cambio de titularidade aprobado na reunión do Consello da Xunta do pasado día 17 de abril, o Concello pontevedrés terá a competencia para actuar nesta vía e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.


O decreto publicado hoxe polo departamento de Infraestruturas da Xunta producirá efectos desde mañá.
A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á súa publicación no DOG mediante a sinatura da correspondente acta de entrega entre o Concello de Salceda de Caselas e a Deputación Provincial.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.