Lunes, 23 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 08 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

A alcaldesa de Mos reúnese cos colectivos para abordar a situación derivada do COVID-19

Constitúense Mesas de Traballo Sectoriais por videoconferencia

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou onte de que hoxeá comezará unha ronda de reunións telemáticas con todas as asociacións, colectivos e sectores do municipio.


As xuntanzas, que se realizarán por videoconferencia, empezaron a convocarse a principios desta semana e teñen como obxectivos escoitar e coñecer as preocupacións, demandas e inquedanzas dos diferentes colectivos mosenses ante esta nova situación derivada da crise sanitaria do COVID-19.


No momento no que foron convocadas xa se lles facilitou aos participantes os correos electrónicos das concelleiras responsables de Cultura e Deportes, Sara Cebreiro e Begoña Toucedo, para que lles puideran ir adiantando as posibles propostas a tratar en cada xuntanza e que estas as poidan ir xa estudando de antemán e levalas preparadas á reunión en cuestión.


"Trátanse de Mesas de Traballo nas que abordaremos previsións a curto prazo, de interese para os colectivos ou nas que estean implicados, informaremos de medidas, normas e procedementos que xa se atopen concretados e buscaremos a toma de decisións consensuadas no que respecta a temas que afecten a cada colectivo en particular", explicou hoxe a rexedora local mosense.

 

 

 

 

Mañá celebraranse as dúas primeiras xuntanzas: cos clubes deportivos e coas comisións das festas de maio e xuño

 

 

 


Arévalo aununciou tamén que mañá pola tarde celebraránse as dúas primeiras reunións: cos clubes deportivos e coas comisións de festas dos meses de maio e xuño. E deu conta das seguintes xuntanzas que se levarán a cabo e que son: o mércores 13 de maio cos locais parroquiais (tanto sociais, como culturais, veciñais e das Comunidades de Montes) e coas asociacións culturais mosenses; e a seguinte será cos membros integrantes da Mesa do Camiño, na que participará tamén representación da Xunta de Galicia (previsiblemente a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro), ao tratarse o de Mos do único concello galego que conta cunha Mesa Local do Camiño de Santiago.


Ademais xa hai unha reunión presencial concertada para o vindeiro luns 11 de maio e que se realizará coa participación dalgúns dos membros da directiva do Club Natación Mos. Esta xuntanza celébrase en persoa ao ser o tema a tratar, a Piscina Municipal, dun asunto especialmente delicado nesta situación de crise sanitaria.


Ademais da alcaldesa e os integrantes dos colectivos interesados en cada unha destas Mesas de Traballo Sectoriais, participarán tamén o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Leo Costas, que se encargará do soporte telemático das videoconferencias, as edís de Cultura e Deporte, Sara Cebreiro e Begoña Toucedo, respectivamente, e os secretario, interventora e técnico de Persoal municipais, para solventar in situ e en tempo real as dúbidas que poidan ir surxindo en cada reunión.


ANPAS
Todos os colectivos contarán coa súa propia Mesa de Traballo específica e as xuntanzas celebraranse todas as veces que sexan necesarias. Entre ditos colectivos atópanse tamén as Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as, ANPAS, tanto dos colexios de Educación Infantil e Primaria, como do Instituto e das Escolas Infantís. Se ben esta Mesa coas ANPAS levarase a cabo máis adiante, cando a consellería e o ministerio de Educación teñan un pouco máis concretado o protocolo a seguir en materia educativa, pois son ambas administracións supramunicipais as que teñen competencia exclusiva en educación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.