Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 12 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
O ROSAL

O Punto Limpo do Rosal reabre esta semana con cita previa

O Concello implementará medidas de precaución para evitar contaxios

O Concello do Rosal reabrirá a partir desta semana o Punto Limpo despois de que tivera que ser pechado durante o estado de alarma para evitar e previs contaxios por COVID-19 tanto do persoal municipal como dos usuarios e usuarias. Para evitar aglomeracións e posibles contaxios, o Concello porá en marcha diferentes medidas de precaución, entre elas a necesidade de pedir cita previa para poder acudir a levar os residuos. As persoas interesadas en empregar o Punto Limpo deberán chamar a partir do luns 11 de maio ao teléfono do Concello 986 625 000 extensión 3002 para pedir día e hora no que poderán achegarse ata estas instalacións.


As persoas usuarias deberán acudir ao Punto Limpo no día e hora acordados na cita previa e terán que agardar fóra do portal das instalacións ata que o persoal municipal que os atenda lles indique que poden entrar. Soamente poderá acudir a entregar os residuos unha persoa por vez e, unha vez dentro das dependencias, deberán desinfectar as mans ou as luvas que leven co gel desinfectante dispoñible na propia entrada. Recoméndase ademais o uso de máscaras para unha maior protección.


Por outra banda, os residuos que se vaian levar ao Punto Limpo deben ir separados axeitadamente por tipoloxías para que o persoal municipal indique ao usuario ou usuaria onde teñen que ser depositados procurando garantir sempre a distancia de seguridade.


Dende o Concello queremos agradecer de antemán a comprensión e colaboración da veciñanza para que poidan retomarse as tarefas habituais sen correr riscos e contribuíndo a evitar contaxios.


Así mesmo lémbrase que o abandono de residuos como entullo de obras, televisores, pneumáticos, voluminosos, madeira, roupa, chatarra... na rúa está prohibido e que as persoas infractoras poderán ser sancionadas con multas que van dende os 30 aos 300 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.