Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 07 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
GALICIA

A Xunta consultará sobre a constitucionalidade do reparto proposto polo Goberno central

A conselleira de Política Social mantivo unha videoconferencia cos representantes das entidades sociais que conforman o Comité de seguimento do 0,7% do IRPF

A conselleira de Política Social, Fabiola García, avanzou que a Xunta fará unha consulta xurídica sobre a constitucionalidade do reparto do 0,7% do Imposto de Sociedades que propón o Goberno central. Trátase dunhas axudas novas, incluídas nos Orzamentos Xerais do Estado de 2018, por un importe de 34 millóns de euros que a Vicepresidencia de Derechos Sociales quere distribuír de xeito directo.

 

O Tribunal Constitucional confirmou en 2017 que o reparto dos fondos do 0,7% do IRPF son unha competencia autonómica, polo que a Xunta consultará se esta xurisprudencia é compatible coa proposta de que as axudas con cargo ao 0,7% do Imposto de Sociedades sexan xestionadas directamente polo Goberno central.

 

 

 

 

Supón que se repartan directamente desde Madrid 34 millóns de euros máis que o ano anterior  en axudas sociais directas, que son competencia autonómica

 

 

 

 

 

Ademais, a conselleira de Política Social lembrou que, na proposta do Goberno central, Galicia e outras tres comunidades autónomas reciben un trato once veces peor que todas as demais comunidades autónomas. A asignación destas comunidades, incluída a nosa, actualízase só o 0,9% correspondente á inflación, mentres que a de todas as demais autonomías medra como mínimo un 11%.

 

Fabiola García trasladou todas estas cuestións ás entidades sociais que forman o Comité de seguimento do 0,7% do IRPF: EAPN-Rede galega contra a pobreza, o CERMI-Galicia (que agrupa ás principais entidades de persoas con discapacidade), a ONCE, a Cruz Vermella e Cáritas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.