Lunes, 23 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 09 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

O Concello de Mos financia 53 conexións a internet para escolares

Os beneficiarios son alumnos/as de 1º a 6º curso de Primaria dos 5 colexios públicos do municipio

O Concello de Mos, a través da concellería de Educación, ven de poñer en marcha un programa municipal para loitar contra a fenda dixital entre o alumnado mosense de Educación Primaria, así o informou hoxe a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.


Este programa inclúe un total de 53 conexións gratuítas a internet para 53 escolares de Primaria (de primeiro a sexto cursos) dos 5 colexios públicos da localidade mosense.


Trátase de alumnos/as que non dispoñen de conexión a internet nos seus fogares e que, polo tanto, non podían seguir a práctica docente on line que se está a impartir desde os seus respectivos CEIPs. A localización e selección dos nenos/as beneficiarios/as deste programa fíxose coordinadamente e en consenso cos directores/as dos centros educativos.


Deste xeito, os cativos que reciban esta conexión gratuíta poderán continuar sen dificultades nin impedimentos o curso escolar telemáticamente.

 

 

 

 

Os propios centros dotaron previamente a estes nenos/as do soporte informático necesario: ordenadores portátiles ou tablets

 

 

 


Onte fíxose o pedido dos 53 módems á empresa concesionaria da telefonía móbil e fixa, e internet, do Concello de Mos, que serán entregados a domicilio nas casas dos 53 nenos/as beneficiarios/as a principios da semana que ven. Ademais da compra dos módems, o Concello financiará a factura de internet nestes 53 fogares mosenses durante os meses de maio e xuño, é dicir, ata o remate do curso escolar.


Previamente a este paso do programa consistente na instalación das conexións a internet nos domicilios dos escolares, os propios colexios xa repartiron en préstamo entre o alumnado que carecía de material informático, ordenadores portátiles e tablets, para darlles soporte de cara á formación on line. Se ben, faltáballes a conexión a internet da que agora xa disporán a través da instalación realizada polo Concello.


A este programa de iniciativa municipal súmaselle a colaboración da Xunta de Galicia contra a fenda dixital na comunidade escolar, xa que a administración autonómica a través da consellería de Educación entregou a Mos en préstamo 15 ordenadores portátiles que foron repartidos entre 15 alumnos/as do Instituto. Neste caso é o propio IES o que asume e financia a conexión a internet destes 15 rapaces.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.