GALICIA
A Asociación de Búsqueda y Salvamento de Galicia colabora con diversas entidades
A Asociación é unha entidade non lucrativa que naceu no mes de Maio de 2014 co obxecto e fin fundacional de fomentar unha cultura de seguridade, a prevención de accidentes e a protección das persoas, realizando todas e cantas accións estean na súa man para poñer fin á perda evitable de vidas e aliviar o sufrimento. Para isto, a Asociación estableceu varias liñas nas que fundamenta a súa actividade, relacionadas ca prevención de accidentes, intervención en emerxencias e desenrolo de programas de I+D+I.
Enmarcado nestas liñas, a Asociación, a través do seu departamento de formación, respondeu á demanda de determinadas entidades sociais de toda Galicia e da poboación desenrolando programas formativos, tanto de intervención en emerxencias por COVID-19 como de promoción do benestar social e emocional das situación derivadas do COVID-19, poñendo a disposición de quen o precise dous cursos MOOC, a distancia, totalmente gratuítos e accesibles a través do espazo virtual de ensino e aprendizaxe de ByS Galicia (box.busquedaysalvamento.es/moodle) no que se afrontan tanto as medidas preventivas e as de intervención ante a situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19 e, por outra banda, a afrontar o estrés e o manexo emocional desta nova realidade que estamos a vivir.
Ademais, co galo de satisfacer as necesidades de elementos de prevención determinados polas autoridades, as persoas voluntarias de ByS Galicia elaboraron e distribuíron de balde material de protección ás seguintes entidades sociais e establecementos comerciais: 25 protectores de faciana e 25 salvaorellas á Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo, 5 protectores de faciana a Alimentación Chamorro (Nigrán), 3 protectores de faciana a Librería Papeles (Vigo), 4 protectores de faciana a Supermercados Familia (Vigo) e 25 salvaorellas ós traballadores e traballadoras do Servizo de Farmacia do CHUAC (A Coruña), 12 protectores de faciana á empresa Mepregal (Vigo).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141