Redondela
Redondela estuda a peonalización da zona centro
Os servizos técnicos do Concello comezarána revisión dos distintos expedientes para estudar as posibilidades de ampliación cumprindo a distancia mesas que establecen as normas
Persoal técnico do Concello de Redondela comezou cos traballos de revisión dos expedientes das terrazas dos establecementos hostaleiros de cara a estudar a ampliación do espazo que tiñan asignado e permitir, dese xeito, que poidan manter o espazo de seguridade dous metros entre as mesas “sen que iso supoña unha redución da capacidade e coa clara finalidade de beneficiar a recuperación do sector da hostalaría”, explicou a alcaldesa Digna Rivas.
Unha vez realizado o estudo dos expedientes, os servizos técnicos serán os que resolvan cada caso de xeito individualizado, para o que se terán en conta criterios urbanísticos e ambientais amais das características propias de cada establecemento.
A esta medida, explica a alcaldesa Digna Rivas, “engadirase a exención da taxa de ocupación das terrazas”. Non se pode esqueces, explica a alcaldesa, “que o sector da hostalaría xunto ao comercio de proximidade, é un dos máis duramente golpeados por esa emerxencia sanitaria logo de case que dous meses de paralización da súa actividade”.
Rivas fixo tamén un chamamento “á responsabilidade da veciñanza” a hora de afrontar esta entrada na fase 1 que previsiblemente comezará o luns 11 de maio, “un punto ao que se chegou logo de moitos esforzos e moitos sacrificios por parte da cidadanía e que non nos podemos permitir o luxo que, pola actitude inconsciente dunha minoría, teñamos que volver atrás”.
Doutra banda, a alcaldesa adiantou que o Equipo de Goberno traballa na posibilidade de peonalizar parte do centro urbano de Redondela durante as fines de semana, “de xeito que a veciñanza poida pasear mantendo a distancia de seguridade e evitando aglomeracións neses días de maior afluencia de persoas nas rúas”.
En principio, estúdase a peonalización da rúa Alfonso XII dende a Farola ata a Casa do Concello, mentres que en Chapela peonalizaríase toda o paseo de Arealonga. En todo caso, concluíu a alcaldesa de Redondela, “todas estas medidas estarían supeditadas a que, efectivamente, o luns poidamos entrar na fase 1 do ‘Plan de transición hacia una Nueva Normalidad’, establecido polo Goberno de España.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149