Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 08:48:47 horas

Xornal21.es
Domingo, 17 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Publicadas as bases do VIII Premio de Investigación Fermín Bouza Brey

Xa están publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases do VIII Premio de Investigación Fermín Bouza Brey.


O Concello quere lembrar con este premio o nacemento, na vila do Tea, do ilustre polígrafo e poeta Fermín Bouza Brey. A data de comezo do prazo de presentación dos traballos está aberta dende o  venres día 8 de maio e os participantes terán tres meses para presentar os seus traballos.


Aínda que inicialmente nas bases se sinala o remate do prazo de entrega o día 30 de xuño, debido ao estado de alarma o Concello verase na obriga de modificar o prazo de remate de entrega dos traballos e que se fará público a través da páxina web do Concello e das súas redes sociais.


Tódolos interesados e interesadas poden consultar as bases na páxina web do Concello


Lois Ladra foi o gañador da anterior edición co seu traballo ““A lamprea nas terras do Condado: Aspectos etnolóxicos da pesca fluvial e artesanal e do patrimonio fluvial o río Tea”.


O premio, dotado con 3.000€, permite promover a investigación científica sobre Ponteareas e a comarca do Condado, co que iso supón de afondamento na identidade cultural de Galicia. Este premio, está aberto aos proxectos de investigación científica


nos campos da historia, arte, arqueoloxía, etnografía, literatura ou ciencias sociais, que terán que ter, obrigatoriamente, como referente o municipio de Ponteareas e complementariamente, a comarca do Condado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.