Sábado, 15 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 16 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
AS NEVES

A Deputación mellorará nas Neves a seguridade viaria da EP-4201

O orzamento destas obras, que incluirán a renovación do firme e da sinalización e a creación de cunetas, ascende a máis de 335.000 euros

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno o proxecto de execución da obra de mellora da seguridade viaria na estrada EP-4201 Setados-Ribarteme-Vide, situada no concello das Neves, entre os puntos quilométricos 0+000 e o 3+930. Deste xeito, os traballos de saneamento deste tramo contan cun orzamento de 335.501,15 euros e cun prazo de execución de seis meses.

 

En concreto, entre as melloras a realizar polo ente provincial, atópanse a renovación da sinalización e do firme da vía a través de saneamentos e cunetas de seguridade. En concreto, a actuación contempla o tratamento superficial, o fresado e a reposición do pavimento e a renovación de pintura. Con este investimento, a Deputación reforzará a seguranza da rede viaria de estradas enmarcada no modelo de mobilidade provincial e, á súa vez, fomentará a creación de emprego co obxectivo de dinamizar a economía e apoiar ás empresas da contorna.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.