Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 19 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O centro de acollida CAAN da Deputación retoma a atención ao público

O novo protocolo de medidas preventivas nesta fase 1 establece a utilización de luvas, máscaras e mantemento da distancia de seguridade no interior das instalacións

[Img #62666]Case dous meses despois da declaración do estado de alarma e trala entrada da provincia na fase 1 da desescalada que permite a liberdade de desprazamentos na provincia, o Centro de Acollida de Protección de Animais da Deputación de Pontevedra volve retomar a atención ao público e as tramitacións para a adopción de cans e cadelas. Faino baixo un estrito protocolo de medidas preventivas que, como principal novidade, establece o sistema de cita previa para as visitas ao centro e a formalización das adopcións.

 

Deste xeito, as persoas interesadas deberán solicitar a cita no teléfono 986 140 360 e , unha vez que se despracen ao recinto da Armenteira, deberán agardar se é preciso a súa quenda no exterior do centro, co obxecto de evitar concentracións. Outras medidas adoptadas polo centro dependente da institución provincial son a atención individualizada a cada visitante, a utilización de luvas e máscaras dentro do recinto e o mantemento das distancias de seguridade. Así mesmo, establecéronse tamén novas medidas internas para garantir a seguridade do persoal, como a súa entrada e saída en quendas escaladas, o traballo individualizado, a desinfección exhaustiva de equipos e instalacións e a utilización de equipos de protección.

 

Tanto a Deputación como o persoal do CAAN amosaron o seu agradecemento á cidadanía que durante todo este tempo de confinamento mostrou interese pola adopción e tamén polo estado dos animais, así como pola súa comprensión á hora de agardar para realizar unha adopción de xeito responsable. Desde hai días moitas persoas interesadas están a solicitar xa información e agora se lles dará cita para formalizar as adopcións.

 

 

 

 

O CAAN desenvolverá, xa sen restricións, o servizo de lacería nos concellos adheridos. Desde o 14 de marzo ata hoxe o persoal do centro recolleu máis dun cento de animais

 

 

 

 

A outra cara da moeda segue a estar no problema dos abandonos. Hai que destacar que desde esta fase 1, o CAAN desenvolverá o servizo de lacería sen as anteriores restricións que o limitaban a casos de atención necesaria e urxente. Pero a pesar desas restricións, desde o pasado 14 de marzo e ata hoxe, foron 105 os animais os que tivo que recoller o persoal do centro, dos que  30 eran cachorros e, nalgún caso, atopados nunha situación de grave risco de falecer.

 

Algúns dos rescates realizados polo persoal do CAAN neste tempo, foron o dos tres cachorros atopados nunha explotación gandeira en Rodeiro, dous deles no interior dunha fosa de zurro; os sete recollidos nunha situación extrema xunto á súa nai Lara en Crecente; outros seis cachorros salvados coa súa nai Laila en Lalín; e outro cachorro en Arbo que apareceu xunto á súa nai. Nas últimas semanas, recolléronse outras dous cadelas mestizas tipo pequinés de tan só un mes de idade en Sanxenxo, e outros dos cachorros en Silleda atopados nunha beiravía. Doutra banda, o persoal do CAAN tamén recolleu unha cadela en Meis, Cora, que estaba preñada e cuxos oito  cachorros naceron xa no centro, aínda que dous deles faleceron. Os demais recupéranse de xeito favorable nas instalacións de Armenteira, que nestes momentos alberga 340 cans e cadelas.

 

As recollidas desde o 14 de marzo realizáronse nos concellos de Marín (2), Caldas de Reis (3), Redondela (4), Nigrán (2), Baiona, Meaño (4), Soutomaior (3), Meis (13), A Estrada (4), Mos (2), Campo Lameiro, Forcarei, Fornelos, A Cañiza, Vila de Cruces (4), A Guarda, Gondomar (3), Ponte Caldelas (2), Arbo (2), Barro (2), Cuntis, Portas (3), Valga (3), Crecente (11), Rodeiro (4), Vilanova de Arousa (3), Lalín (9), Sanxenxo (3), Cerdedo-Cotobade, Mondariz, Vilaboa,Tomiño, Moraña, Covelo, Ribadumia (3), Catoira, e Silleda (2).  Doutra banda, no estado de alarma houbo tamén dezaseis devolucións de cans aos seus donos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.