MUNDO EMPRESA
Os establecementos comerciais poden realizar rebaixas e promocións ses aglomeracións
Tras as cuestións plantexadas o domingo polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o Goberno aclara que non se restrinxen este tipo de accións comerciais sempre que se respecten as medidas de seguridade
Tras as xestións realizadas polo Goberno galego, os establecementos comerciais poden realizar rebaixas e promocións se garanten que non se producen aglomeracións e que se cumpre coas perceptivas medidas de seguridade. Esta aclaración do Goberno prodúcese despois de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladara o pasado domingo, na videoconferencia co presidente do Goberno e outros presidentes autonómicos, as diferentes inquedanzas do comercio galego en relación á Orde SND/399/2020, publicada o sábado 9 de maio no Boletín Oficial do Estado, e que regula a actividade do sector nesta fase 1.
Ademais de todo o relativo ás accións comerciais, que maioritariamente se interpretaba que se limitaban para os establecementos físicos, establecendo diferentes condicións para o comercio en liña, tamén se trasladaron diferentes dúbidas sobre como cumprir a obriga de establecer sistemas que permitan o reconto e control do aforo.
O Goberno galego reitera a súa solicitude dun protocolo claro de actuación a nivel estatal para que o comercio poida abrir ao público con plenas garantías e ofrecendo a máxima confianza aos consumidores
No ámbito comercial, desde a Xunta tamén se sinalou a necesidade de que os establecementos que dispoñan dunha superficie maior á contemplada na normativa –400 metros cadrados– poidan reiniciar a actividade reducindo temporalmente a superficie comercial a ese límite. E tamén se propuxo que, ao igual que se permite a apertura dos concesionarios de automoción, se aplique este criterio a establecementos de venda ao por menor de artigos de construción e saneamento e maquinaria industrial e agrícola.
O Goberno galego, que está elaborando un plan de reactivación do comercio en cooperación co sector, reitera a súa solicitude dun protocolo claro de actuación a nivel estatal que conte co diálogo preciso para que o comercio poida abrir ao público con plenas garantías e ofrecendo a máxima confianza aos consumidores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170