MOS
O BNG de Mos reclama melloras na Escola Infantil da Porteliña
"A actividade nas escolas infantís quedou suspendida hai xa dous meses no concello de Mos, igual que no conxunto do país, por mor da alerta sanitaria, pero esta situación excepcional non pode servir de excusa para desatender as súas necesidades" sinalan dende o BNG, de feito, entenden "que é máis necesario ca nunca acometer as melloras pendentes nas instalacións para garantir que o retorno ás aulas, cando sexa posible, se realice con plenas garantías de seguridade e benestar para as crianzas". Por este motivo o portavoz nacionalista no concello, Gustavo Barcia, reclamou no último pleno o arranxo das deficiencias que presenta a Escola Infantil da Porteliña, a máis antiga das que hai en Mos.
Atendendo ás demandas da ANPA e ás necesidades das meniñas e dos meniños, o BNG instou ao goberno municipal a realizar unha reordenación integral da escola e unha serie de actuacións concretas encamiñadas a subsanar os problemas que se veñen arrastrando dende hai tempo. Entre elas, a renovación da tubaxe, xa que a falta de presión da auga impide actualmente a hixiene correcta dos inodoros cada vez que estes son empregados pola cativada. Do mesmo modo, sería necesario buscar unha solución para a falta de espazo no corredor, xa que a súa anchura non chega ao metro e medio e as crianzas acaban aglomerándose nel cada vez que teñen que ir ao comedor.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58