Domingo, 19 de Abril de 2026

Actualizada Domingo, 19 de Abril de 2026 a las 09:47:12 horas

Xornal21.es
Martes, 19 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
TUI

O Consorcio do Louro redacta o proxecto de reparación do afundimento en Tui

O Consorcio de Augas do Louro ten adxudicado á empresa Galaicontrol SL os traballos de redacción do proxecto de reparación do afundimento dun treito do  Colector Interceptor Xeral de Tui e na estrada de acceso á depuradora de Guillarei, situados no entorno da Ponte Romana.


Durante estes días a empresa ven realizando diversos traballos de campo e tomando mostras mediante sondaxes así como realizando ensaios de penetración no terreo para calcular a capacidade resistente do mesmo.A vindeira semana realizarase un by-pass do treito de colector afundido para inspeccionar o seu interior mediante unha cámara de vídeo, co obxecto de completar a información necesaria para elaborar un estudo de alternativas de reconstrución.


A alternativa escollida deberá ser consensuada previamente coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, propietaria das instalacións.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.