Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 18 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
A GUARDA

O BNG presenta novas medidas para "unha saída social na Guarda a crise"

O BNG da Guarda a través do seu portavoz municipal, Anxo Baz, vén de facer pública unha iniciativa de novas medidas económicas e sociais para a saída da crise provocada pola COVID19

O BNG xa presentou no pleno do día 5  deste mes unha serie de medidas urxentes para combater a crise social e económica provocada pola COVID19, aberta a amplialas coas achegas do resto da corporación, procurando o máximo consenso. Neste pleno   acordouse a convocatoria dunha mesa técnica para abordar estas medidas.

 

O portavoz do BNG  afirma “que  medidas como a bonificación  nos recibos do lixo e a auga para comercios e hostalaría afectada polo cese de actividade  así como para as familias que teñan unha renda per cápita inferior ao IPREM (537,48 €/mensuais), a redución do importe das licenzas de apertura para o fomento e creación de novas empresas ou o incremento da partida de Emerxencia Social por citar só algunha das medidas, deben ser tratadas urxentemente. Por eso instamos ao alcalde, que convoque a mesa técnica acordada para avanzar nestas e noutras medidas o antes posibel”.

 

Anxo Baz presenta “estas medidas urxentes que deben ir acompañadas de outras de maior calado nas que interveña a Xunta de Galiza e o Goberno do Estado. A crise que se aveciña vai esixir levar adiante proxectos de futuro para promocionar e dinamizar a economía do noso concello. Nesa  liña consideramos que transformar a praza de abastos nun mercado de excelencia é prioritario para garantir o seu futuro e para  crear dinámicas locais que favorezan o comercio de proximidade  e  xeren emprego”.

 

O voceiro nacionalista tamén incidiu en que “ O Concello da Guarda debe integrarse na rede de Concellos polo Espazo Público que promove a Deputación de Pontevedra o que  propiciaría  facer unha vila máis sostibel e humana. A distancia física  recomendada polas autoridades sanitarias, fai  máis  necesario que nunca  contar con espazos en rúas e prazas que permitan realizar actividades de esparcemento e desprazamentos a pé con seguridade. Nesta nova situación a prioridade peonil debe ser un obxectivo básico  en todas as rúas nas que sexa posíbel”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.