Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 16 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Mos presenta a súa programación on line con motivo das Letras Galegas

As redes sociais municipais serán o esceario dos actos programados para este sábado e o domingo 17 de maio

A actual situación de risco sanitario imposibilita ao Concello de Mos levar a cabo a tradicional programación das Letras Galegas, polo que reconducíronse as actividades previstas adaptándoas á nova situación.
Este ano a programación será a través das redes sociais pero non por iso vaise deixar de potenciar a lingua galega e homenaxear ao protagonista deste ano, Ricardo Carvalho Calero, representante do lusismo, polo tanto así querería el que se escribise o seu nome.

 

[Img #62707]Hoxe sábado 16 de maio ás 18.00 horas na páxina de Facebook do Concello de Mos haberá un obradoiro de animación á lectura titulado “Fai o teu marcapáxinas” coa colaboración de Activalede.

 

E o propio domingo 17 de maio, Día das Letras Galegas, tamén no Facebook municipal, ás 11.00 horas publicarare un vídeo institucional co Himno de Galicia. Ás 12.00 horas proxectarase un vídeo sobre a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero coas colaboracións especiais de: Dorinda Castro Soliño, veciña de Dornelas e Catedrática de Lingua nos textos e Patrik Castro na edición do vídeo. E, por último, ás 18.00 horas levarase a cabo a sesión de contacontos “As Pitas Baixo a Choiva”.

 

Ademais continúase co servizo de entrega de libros da Biblioteca Municipal a domicilio, que está sendo todo un éxito, e, durante todo o mes de maio, os libros en préstamo irán acompañados dun marcapáxinas cunha imaxe e a vida e obra de Ricardo Carvalho de agasallo.

 

Ricardo Carvalho Calero, profesor ferrolano, unha das figuras máis relevantes da cultura galega da segunda metade do século XX, desenvolveu unha traxectoria vital fondamente vinculada á historia do galleguismo no pasado século XX: foi na mocidade membro do Seminario de Estudos Galegos e colaborador da revista Nós, participou na redacción do Estatuto de Autonomía de 1936 e, xa no exilio interior, implicouse activamente nas estratexias de recuperación do idioma propio. Membro da Real Academia Galega, destacou tanto no ámbito da creación literaria como na crítica e na investigación filolóxica, converténdose en 1972 no primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.