Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 20 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra aproba novos investimentos para seis concellos

As achegas irán destinadas á contratación de persoal, rehabilitación de edificios, reforma de instalacións deportivas e mellora de camiños e servizos básicos prestados polos concellos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar a concesión de novas achegas por valor de 843.000 euros ao abeiro do Plan Concellos, que beneficiarán neste caso a seis municipios da provincia: Nigrán, Portas, Vilaboa, Baiona, Poio e Redondela. Con estas axudas o ente provincial leva xa concedidos 14,2 millóns de euros entre as tres liñas do Plan

 

No caso da Liña 1 de Investimentos aprobáronse catro novas achegas por valor de 532.397,87 euros. Máis polo miúdo, para Nigrán aprobouse unha subvención por un importe total de 130.976,27 euros coa que se financiará o proxecto de rehabilitación da antiga casa do mestre e do aulario para o seu uso como local de reunión. O concello de Portas recibirá unha achega de 170.146,82 euros coa que acometerá a reforma do seu campo de fútbol. En Vilaboa pavimentarase o camiño de Santa Marta, na parroquia de Bértola, grazas a unha axuda de 98.083,41 euros. Pola súa banda, o concello de Baiona recibirá 133.191,37 euros cos que mellorará a pavimentación e a seguridade viaria do Camiño Serralleira, en Sabarís.

 

Para o concello de Poio foi aprobada unha concesión de subvención por reinvestimento de baixas por un importe de 61.194,39 euros. A vila empregará este financiamento para mellorar os servizos e firmes na rúa Costa de Abaixo de Combarro.

 

Doutra banda, o Goberno aprobou a modificación dunha achega concedida a Redondela da Liña 3 de Emprego. O concello solicitou esta modificación para realizar un reaxuste nas categorías, duración e orzamento das contratacións debido á situación derivada da crise sanitaria producida polo Covid19.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.