Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 22 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Traballos de limpeza nos ríos Miñor e Zamáns e nos regatos de Zapa e da Rasa

Os traballos desenvólvense en distintos tramos destes ríos e regatos ao longo de preto de 6,3 quilómetros, nos lugares de Gondomar, Mañufe, Vilaza e Chaín

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a desenvolver traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Miñor e Zamáns, así como no regato de Zapa e o regato da Rasa, ao seu paso polo municipio de Gondomar.


Estas tarefas estanse a desenvolver nun tramo de preto de 6,35 quilómetros de lonxitude, que coincide co percorrido destes  ríos e regos polos lugares de Gondomar, Mañufe, Vilaza e Chaín.


As tarefas forman parte das intervencións de Augas de Galicia nas áreas con risco potencial significativo de inundación (ARPSI).

 

 

 

 

A intervención forma parte das actuacións de mantemento que vén realizando Augas de Galicia nas áreas con risco potencial de inundacións

 

 

 


As actuacións céntranse na retirada da canle de árbores, pólas, madeira morta e elementos susceptibles de causar atoamentos e, puntualmente, apeo selectivo de árbores con risco de caída e tratamento de canas. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos e regos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.


Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-Sur.


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.