Domingo, 19 de Abril de 2026

Actualizada Domingo, 19 de Abril de 2026 a las 16:43:40 horas

Xornal21.es
Viernes, 22 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
TUI

César Portela remata o anteproxecto de rehabilitación do Teatro Principal

O arquitecto César Portela vén de rematar a redacción do anteproxecto para a rehabilitación do Teatro Principal de Tui. O Concello de Tui encargoulle este cometido como paso previo para coñecer o investimento preciso e comezar a xestionar as posibles vías para acometelo.


César Portela, que nos anos 80 realizara xa un proxecto de rehabilitación inmoble, tivo agora que adaptalo ás novas normativas en vigor tanto en materia de seguridade coma de accesibilidade, e á situación actual do inmoble.  Un reto que o arquitecto asumiu tendo en conta o valor histórico, cultural, urbanístico, arquitectónico e simbólico do edificio.  A fachada principal manterase conservando a tipoloxía do edificio, e a dimensión, posición e forma do teatro.  Na fachada traseira que da ao río aproveitarase esta condición e a súa posición estratéxica para crear unha galería cun balcón sobre o Miño, onde se poderá emprazar un establecemento de restauración. Contémplase tamén que a pequena finca da parte traseira poida empregarse coma terraza.


Con este anteproxecto o Concello de Tui poderá adoptar medidas encamiñadas a garantir que o edificio non se siga degradando, e a recuperar aquelas pezas de interese que poida haber no seu interior. Estas actuacións están xa contempladas no documentos.


O seguinte paso será buscar o financiamento preciso para facer da rehabilitación do Teatro Principal unha realidade, e que o edificio constitúa a súa vez un eixo dinamizador do conxunto histórico de Tui.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.