Miércoles, 11 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 21 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O Concello de Salceda reabre

A Casa do Concello de Salceda e a Casa da Cultura Castelao volven abrir as súas portas ao público este xoves 21 de maio, unha vez que "se conte con tódalas medidas de seguridade precisas tanto para salvagardar o cadro de persoal como a veciñanza". En ámbolos dous edificios só se atenderá con cita previa, que se pode solicitar a través de teléfono ou empregando a sede electrónica. As citas serán preferentemente telefónicas ou telemáticas, realizando tan só de xeito presencial as imprescindibles, que terán un tempo máximo de 15 minutos. Para estes casos, a veciñanza deberá acudir provista de máscara de protección e traendo sempre un bolígrafo propio, minimizando deste xeito todo risco de contaxio. Ademais realizarán a desinfección de mans na fonte de xel instalada na entrada do edificio do Concello, e mediráselles a temperatura corporal comprobando que non supere os 37 graos tal como está establecido. Habilitaranse tamén portas de entrada e saída diferenciadas, evitando deste xeito o cruce de persoas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.