Domingo, 19 de Abril de 2026

Actualizada Domingo, 19 de Abril de 2026 a las 18:29:15 horas

Xornal21.es
Sábado, 23 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
TUI

Cáritas instala os primeiros 8 contedores de roupa usada en Tui

Nas próximas semanas completarase a colocación de 4 colectores máis

Esta semana  instaláronse 8 contedores para a recollida de roupa usada en distintos puntos do termo municipal, grazas á colaboración establecida entre o Concello de Tui e Cáritas.


De agora en diante será esta ONG a encargada da recollida de roupa, calzado e complementos aos que dará un novo uso.


Dos 8 novos contedores para a recollida de roupa 2 están situados no Punto Limpo, dous están en Areas, un no entorno da rotonda e outro no parque empresarial, amais outros situáronse na Avenida da Concordia, na rúa Colón, a carón do Centro de Saúde e a carón da igrexa de San Bartolomeu. Nos próximos días serán colocados outros 4 contedores até completar un total de 12.


Dende o Concello de Tui apóstase con este acordo con Cáritas para a recollida de roupa usada pola economía circular e social.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.