MOS
Protección Civil de Mos cambia tamén hoxe de fase
No Operativo Especial, integrado por 20 voluntarios/as, traballouse 24 horas desde o 18 de marzo chegando a realizar, ata a data, preto de 1.000 actuacións
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos, presidida por Santiago Iglesias, rematou hoxe ás 06.00 horas da mañá o seu Operativo Especial do COVID-19 que estaba integrado por 20 voluntarios/as (Santi, Jose, Carlos Costas, Carlos Lameiro, Iago Maus, Iago Rodríguez, Alberto, Juan Manuel, Carolina, Guillermo, Maribel, Borja, Pablo, Lara, Deside, Diego, Marcos, Andrés, Elías e Gonzalo).
Protección Civil de Mos está integrada por un total de 37 voluntarios/as pero non todos puideron formar parte do Operativo Especial por diversos motivos como laborais, ser poboación de risco fronte ao COVID-19… etc.
Desde hoxe ás seis da mañá, aínda que non permaneza este Operativo Especial, sí que haberá en todo momento un Operativo de Reforzo formado por 7 voluntarios/as.
Ao diminuír as asistencias considerablemente durante o avance das fases da desescalada e ter que incorporarse os voluntarios aos seus respectivos postos de traballo nas súas empresas, pasouse do sistema de Operativo Especial a Operativo de Reforzo, aínda que se hai días puntuais nos que se precise reforzo de maior número de voluntarios/as para tarefas concretas estarán dispoñibles.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, aproveitou hoxe para “agradecerlles aos 20 integrantes do Operativo Especial de Protección Civil de Mos do COVID-19 o seu esforzo sobrehumán e a súa entrega total e absoluta durante máis de dous meses de traballo continuo e incesante”. E é que o Operativo Especial ven desenvolvendo desde o pasado 18 de marzo un servizo ininterrompido 24 horas que permitiu dar resposta en tempo e forma axeitada durante as diferentes fases da pandemia.
Desde a citada data do mes de marzo, na que se constituiu o Operativo Especial, Protección Civil de Mos, conxuntamente co Servizo Municipal de Emerxencias de Mos e o seu coordinador Rodrigo Iglesias, realizaron máis de 900 traballos de atención no municipio de Mos (957 para ser exactos). Tan vertixinoso foi o ritmo de traballo que os vehículos que integran o parque móbil do Servizo de Emerxencias do Concello de Mos rodaron máis dun 200% do habitual.
Entre os labores que integraron as 957 actuacións destacaron especialmente a desinfección de espazos e ionización de vehículos, a entrega e recollida de material de protección, entrega de alimentos a familias vulnerables, recollida de comida en empresas para os repartos de Mos Axuda, traballos en domicilios (incluídas vivendas de pacientes de COVID-19), traballo en esterilización e bolsas de mascarillas, traslado de enfermos e asistencia domiciliaria, traslado de enfermos (tanto de COVID como outras patoloxías) ao hospital e consultas médicas, recollida de lixo en vivendas con pacientes de COVID-19, recollida de animais, recollida de equipamento en administracións e empresas, avisos de megafonía, información telefónica; ademais de intervencións varias e outros traballos. A maiores, entre establecementos comerciais de primeira necesidade, empresas e particulares, repartiron tamén un total de 4.850 mascarillas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58