Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 27 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Charlas virtuais de Historia no IES de Mos

O Departamento de CCSS do IES de Mos organiza un ciclo de conferencias virtuais sobre as fontes orais. Tres conferencias explorarán a teoría da boa entrevista, a represión franquista en Mos e os traballos realizados polo alumnado no presente curso académico

[Img #62891]O departamento de CCSS do IES de Mos comezou este ano un pequeno proxecto ambicioso nos seus obxectivos pero cativo e progresivo na súa aplicación: crear un Arquivo da Memoria Oral de Mos.  O alumando de 4º da ESO e 1º de Bacharelato realizou entrevistas e unha serie de traballo sobre diferentes aspectos da historia de Mos durante o presente curso.

 

A finalidade do proxecto é confrontar ao alumnado co oficio de historiador/a desde as aulas utilizando as ferramentas das que dispomos. Procuramos facer da aula do instituto un pequeno laboratorio de Historia e reivindicar a Historia como unha ciencia teórica ao tempo que empírica.


Para finalizar o proxecto deste particular ano académico, organizamos un ciclo de conferencias virtuais para reflexionarmos sobre as fontes orais e a Historia desde a experiencia profesional das persoas especialistas e desde a propia experiencia. Serán un total de tres conferencias onde diversos especialistas falarán da súa obra histórica e, tamén, o alumnado exporá os seus traballos baseados nas fontes orais.

 

Conferencias:

 

  • A 1ª conferencia tivo lugar o mércores pasado e, baixo o título "Investigación histórica e fontes orais: unha reflexión", o profesor da USC Daniel Lanero explicou o uso da entrevistas nas súas investigacións.

 

  • A 2ª conferencia terá lugar este mércores 27 de maio ás 18:00. O seu título “A Represión no franquismo en Mos: Historia e fontes orais”. Intervirán Xoán Carlos Abad (profesor de Historia e Presidente do Instituto de Estudios Vigueses) e Ana Aller (Presidenta da Comisión de Familiares da Memoria Histórica de Mos).

 

  • A 3ª Conferencia estará protagonizada polo alumnado do EIS de Mos. Exporán os seus traballos sobre fontes orais realizados no presente curso. Será o luns 1 de xuño ás 18:0  baixo o título de “A memoria oral no IES de Mos”.

 

Todas as conferencias serán en directo a través do canal de Youtube “historiasdepaulo”. Unha vez finalizadas, quedarán subidas á plataforma para o seu visionado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.