Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 27 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

O vial de Santa Eulalia quedará rematado no prazo nun mes

Esta mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, realizou unha visita ás obras do vial alternativo de Santa Eulalia acompañanada polo tenente acalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e o arquitecto municipal, e coa presencia de representantes da Comunidade de Montes de Mos (que cedeu os terreos para poder construír o vial), da Fundación Pazo de Mos e da empresa constructora.


A visita foi previa á inminente reanudación dos traballos tras o parón pola crise do COVID-19. Unha vez reanundadas as tarefas prevese que a obra poida quedar rematada nun prazo dun mes ou mes e medio aproximadamente. A reanudación está pendente de que a Xunta de Galicia aprobe a financiación do modificado do proxecto que ascende a 100.000 euros.


Para facer posible esta execución do Plan Especial de Infraestuturas do Vial no Núcleo da Rúa a CMVMC de Mos acordou ceder a favor do Concello de Mos de xeito gratuíto e con carácter indefinido unha superficie de 6.415,46 m2 que abarca as parcelas “Campo de Abaixo” e “Campo de Arriba”, limítrofes co Pazo de Mos.


Deste xeito o proxecto de construción deste vial en Santa Eulalia, núcleo de A Rúa, foi posible grazas á cesión de terreos por parte da Comunidade de Montes de Mos e a financiación económica autonómica, con subvención da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.


A construción do vial perimetral permitirá eliminar o tráfico rodado da rúa empedrada que discorre polo lateral do Pazo (Camiño da Rúa). O propósito é protexer ó entorno do Pazo, recuperando este vial para un uso peonil, evitando o deterioro da superficie empedrada. O proxecto propón unha alternativa viable, adaptada á topografía da parcela e ás condicións do lugar, que discorre polos terreos cedidos pola Comunidade de Montes en Man Común de Mos.


Unha vez rematado e operativo o novo vial de Santa Eulalia, A Rúa pasará a ser peonil con tránsito rodado só permitido para os residentes, para o que se instalará un sistema dotado de dous bolardos retráctiles de elevación e descenso automático no comezo e final do Camiño da Rúa, que só poderán activar os habitantes dese vial con mando a distancia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.