O PORRIÑO
O PP considera insuficiente as axudas a emprendedores do Concello do Porriño
Os populares presentaron un voto particular para aumentar esta partida, que incluía a modificación das bases orzamentarias que permitan aos corporativos renunciar ás súas retribucións para destinalas a este fondo de axuda e a emerxencia social
O grupo municipal do Partido Popular presentou un voto particular para a aprobación inicial do Expediente de Crédito Extraordinario, destinado a mitigar as consecuencias que a pandemia tivo para os autónomos do Porriño ,ao considerala insuficiente.
A contía que o equipo de goberno levaba a pleno é de só 100.000 euros e correspóndese con baixas nas partidas de gasto da Festa do Pan do Porriño ( Acipor), Porriño Industrial e Club Bacaropo, así como de promoción cultural e ANPAS. Unha partida para entender dos populares escasa, non consensuada coas asociacións e clubs ás que se retira a axuda e en ningún caso acorde coas necesidades actuais.
Así, a proposta dos populares incrementaría a 190.000 euros a dotación para a partida de axuda sumando á mesma 25.000 euros da destinada a asistencia a órganos colexiados comisións e plenos, 10.000 de asignación a grupos políticos, 10.000 da correspondente a bases salariais de corporativos con dedicación exclusiva, 30.000 euros de arrendamento do local para a aula UNED/UNED (xa en propiedade) e 15.000 doutros dous locais, propiedade tamén do Concello.
"Como corporativos debemos estar á altura da situación que viven os nosos veciños e non escatimar esforzos á hora de conseguir que ningún autónomo, hostaleiro ou comerciante de Porriño se vexa abocado ao peche definitivo", explicou Alejandro Lorenzo, "É posible e é noso deber dar resposta á vulnerabilidade que vive este sector, a condición de que se faga de maneira consensuada tanto coas asociacións de comerciantes, autónomos e hostaleiros como cos clubs deportivos e entidades ás que se vai a rebaixar ou retirar a achega. Máis que nunca debemos ser transparentes e ir todos a un tempo".
Neste sentido os populares, a fin de contribuír ao fondo creado para axudas, acordaron destinar as retribucións que ingresarían todo o ano 2020 por asistencia a comisións e plenos, así como a asignación que corresponde como grupo político. Así se fixo constar nun escrito dirixido ao Goberno Municipal o 31 de marzo e reiterouse o 14 de abril ao non obter resposta do executivo.
Esta renuncia facíase posible ben modificando as bases orzamentarias ou, na súa falta, que o Concello habilite unha conta bancaria onde os corporativos e grupos municipais poidan ingresar as súas retribucións para axudas a autónomos.
A proposta foi tombada co voto en contra de PSOE, BNG, EU SON e UDDL
Esta proposta foi tombada polo resto de corporativos, aínda que os populares avanzaron que manteñen o seu compromiso e continuarán destinando as súas retribucións a este fin.
O grupo popular abstívose na votación tras reclamar que se manteña a partida de ACIPOR destinada á Festa do Pan do Porriño, pois consideran que existen alternativas para celebrala e isto é algo que debe ser tratado coa organización.Medidas.
Desde inicio da crise sanitaria o Partido Popular tendeu a man ao goberno municipal, non só mostrando o seu apoio á xestión senón facendo chegar propostas e iniciativas ao executivo. O fixo en reiteradas ocasións e polas canles oficiais.
"Se algo temos claro dende ou principio é que nesta situación de excepcionalidade a única política que cabe é a de axudar aos nosos veciños. Esa é e foi nosa única prioridade", continúa Lorenzo, "Por iso entendiamos esencial que se atendese a nosa proposta para a elaboración dun Plan de Axudas a Autónomos. Esta situación require medidas reais, inmediatas e efectivas para que ninguén quede atrás".
O pasado 18 de marzo os populares solicitaron ao Concello a paralización da cobranza de impostos, que estes fosen pospostos ao 2021, a cancelación das taxas municipais sobre as terrazas de hostalería, a bonificación ao 100% sobre a taxa de baleirado de fosas sépticas ou a bonificación total ás Asociacións Culturais ou Deportivas do municipio sobre o IBI dos seus locais, entre outras.
Ante o requirimiento de varios establecementos de servizos esenciais, solicitouse (28 de marzo) a adquisión de material de protección como máscaras, lentes ou batas. Sendo conscientes da falta de existencias solicitouse a compra de material para confeccionalas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.169