Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 31 de Mayo de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A campaña publicitaria da Deputación "Fame de Experiencias" quinto premio en Riga

O audiovisual consigue no certame de Letonia o primeiro premio ao mellor produto turístico impoñéndose a outros 38 destinos mundiais

A campaña turística da Deputación de Pontevedra “Fame de experiencias” xa ten o seu quinto recoñecemento internacional grazas ao premio que acaba de recibir no Festival de Turismo de Riga, Letonia, na categoría de mellor Produto Turístico. O audiovisual, producido pola empresa Esmerarte, recibiu o primeiro premio fronte a outros 38 vídeos de todo o mundo. O segundo posto foi para Canadá ("o5 Tea") e o terceiro, compartido, para Croacia (Croatia – Your Next Filming Destination) e Tesalónica, en Grecia (Archaeological Museum of Thessaloniki). O Festival de Riga cumpriu este ano 13 edicións e nesta ocasión optaron a premio 154 produccións de todo o mundo.

 

Tras coñecer a noticia, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, puxo en valor “os grandes destinos con que competíamos” e valorou “este novo recoñecemento internacional que sitúanos como un destino de referencia grazas a un turismo ligado ao territorio, ao produto e, como amosamos neste caso, a grandes produtores e produtoras que amais o fan todo dun xeito tradicional e ecolóxico, en definitiva un modelo que xa era o motor do turismo e que agora aínda o será máis”.

 

 

 

 

Carmela Silva: “Estamos moi felices porque este novo recoñecemento internacional sitúanos como un destino de referencia”

 

 

 

 

Este premio súmase aos catro que xa acadara anteriormente a Deputación de Pontevedra, pois o audiovisual xa tiña conseguido recoñecementos internacionais na Feria de Fitur, nos Golden City Gate de Berlín, nos New York Festivals Film and TV Awards e nos 16° International Tour Film Fest de Bulgaria.

 

Este novo galardón serve para recoñecer o traballo da Deputación de Pontevedra na súa aposta por un modelo diferente, vangardista e sostible de promoción da nosa provincia, amosando todo o talento existente e poñendo en valor ao territorio

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.