SALCEDA DE CASELAS
O PP de Salceda pide datos sobre o covid-19 no concello
O Grupo Popular de Salceda presentou un rogo reclamando o principio de transparencia e libre acceso á información debido a falta de actualización de datos frente ó COVID-19 desde o goberno MS-PSOE
Os concelleiros do Partido Popular presentaron no pleno do 14 de maio un rogo no que afirman “que é fundamental defender o principio de transparencia e libre acceso a información, e o coñecemento actualizado dos datos é crucial para a xestión da crise. Non podemos pasar por alto á rendición de contas escudándonos na situación especial actual”.
Desde o pasado mes de marzo atopámonos nunha situación de emerxencia sanitaria, e en momentos como os que estamos a vivir a transparencia informativa é fundamental “e os salcedenses teñen dereito a toda a información respecto ó virus, cumprindo estritamente coa Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD)” afirma o voceiro popular.
Os veciños de Salceda levan reclamando información desde o principio da pandemia no que respecta ao material de protección e hixiene que chega ó noso Concello e, “sen dúbida, resulta primordial informar sobre todo o material de protección e hixiene recibido por administracións como a Xunta de Galicia. Ata o momento, desde o bigoberno MS-PSOE non deron datos específicos sobre a onde foron destinadas as máis de 3000 máscaras cirúrxicas, nin tampouco que a Xunta de Galicia fixo varios envíos de material, no que se incluiron luvas, xel hidroalcohólico, garrafas desinfectantes, pantallas faciais e lixivia, entre outros” afirmou Santiago Davila.
En suma e no que respecta a material de protección tan preciso na actualidade, “tamén é importante que os veciños estén informados sobre o material adquirido polo propio Concello ou outras administracións, a onde se deriva dito material e cales son os criterios de reparto, sinalando, unha vez máis, a importancia de que todos os veciños de Salceda teñan acceso ás máscaras, e obviamente, que se garanta ó persoal sanitario, ós traballadores da policía local, voluntarios de Protección Civil, traballadores do SAF, traballadores das residencias de maiores ou traballadores municipais” sentenciou o voceiro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218