Redondela
Reunión do Consello Local da Infancia e a Adolescencia de Redondela
Mozos e mozas mantiveron unha reunión telemática coa alcaldesa, Digna Rivas; o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa e a concelleira de Ensino, Olga García de cara a establecer a folla de ruta para “un Consello Local da Infancia e a Adolescencia útil e operativo”
O Consello Local da Infancia e a Adolescencia (CLIA), cuxa posta en marcha tivo que ser aprazada ao coincidir coa declaración do estado de alarma e a conseguinte suspensión da actividade lectiva, celebrou a finais de maio a súa primeira reunión telemática de cara a establecer unha folla de ruta que o converta “nunha ferramenta de participación, útil e efectiva, da mocidade e a infancia na vida municipal”.
Nesta primeira reunión, mozos e mozas analizaron coa alcaldesa Digna Rivas; a concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros e o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, as medidas que se tiñan adoptado por parte do Concello na loita contra a COVID-19 e as iniciativas que, a entender da infancia e da mocidade redondelá, poderían terse mellorado.
Tanto Digna Rivas coma Olga García e Daniel Boullosa, salientaron “o espírito de participación e colaboración dos mozos e mozas” que se reflectiu na presentación de propostas “tan útiles coma interesantes”.
Así, os e as participantes no CLIA, fixeron especial fincapé na necesidade, como medida previa á volta ás clases en setembro, “da realización de test da COVID-19, a todo o profesorado e ao alumnado para garantir a seguridade sanitaria de todos e todas”.
Os rapaces e rapazas tamén achegaron propostas ben estudadas sobre a organización tanto dos espazos de lecer coma das aulas nos centros escolares “establecendo quendas de utilización nos espazos de recreo e facendo grupos de clases menos numerosos nas aulas para permitir a separación entre as mesas. A estas iniciativa engádense outras como a alternancia entre as clases presencias e telemáticas.
Os e as integrantes do Consello Local da Infancia e a Adolescencia expuxeron tamén a necesidade de que o Concello dote ás familias de menos recursos, de máscaras cirúrxicas homologadas de xeito gratuíto. Nese sentido, Digna Rivas, adiantou que era unha idea que tiña pensado adoptar o Goberno, se ben matizou “que todo o que fai referencia á sanidade, é unha competencia da Xunta de Galicia” polo que, independentemente das medidas que poida adoptar o Concello “fora das nosas competencias”, esixiremos á Xunta que cubra estas necesidades da veciñanza “que son responsabilidade da administración autonómica”.
Tanto a alcaldesa como o concelleiro de Cultura e a concelleira de Ensino, salientaron a importancia dun CLIA “operativo, útil e áxil no que se presenten iniciativas que despois sexan tidas en conta e desenvolvidas polo Concello”.
Trátase, sinalaron, “de que mozos e mozas síntanse realmente partícipes da vida municipal e, sobre todo, que teñan a certeza que as súas achegas, ideas e propostas, serven para algo”. A alcaldesa Digna Rivas lembrou que a infancia e a mocidade, “non son o futuro de Redondela, senón que son xa o seu presente e, como tal, teñen que ter unha participación activa na vida do seu municipio”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149