Redondela
Abren as pistas de tenis de Redondela cun aforo restrinxido
Foi necesario dotalas de dispensadores de xel hidroalcohólico para a desinfección das mans e felpudos desinfectantes á entrada das pistas.
A paulatina volta á normalidade marcada pola entrada da Fase 2 da ‘desescalada’ permite o uso de determinadas instalacións deportivas, como é o caso das pistas de tenis e pádel do Concello de Redondela que, en todo caso, o farán con aforo restrinxido ao 30 % segundo indica expresamente o ‘Plan para a Transición cara á Nova Normalidade’.
Xa abriron ao público dúas das tres pistas de tenis, a 1 e a 3, de xeito que quede entre elas outra pista sen utilizar e que permita manter unha apropiada distancia de seguridade entre as dúas que están en funcionamento.
A maiores dos paneis informativos nos que se explican polo miúdo as condicións de uso das pistas, usuarios e usuarias dispoñen de xel hidroalcohólico para a desinfección das mans e felpudos desinfectantes á entrada das pistas.
A nova realidade que marca a alerta sanitaria, elimina imaxes que eran habituais antes da COVID-19, como xogadores e xogadoras esperando a pé de pista para poder entrar na cancha. O Concelleiro de Deportes, Nacho González, explica que de cara a unha maior seguridade sanitaria “a entrada e saída de pista terán unha diferencia de 15 minutos, tempo que utiliza o persoal das instalacións para proceder á limpeza e desinfección da zona de xogo”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149