Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 03 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Unha APP móbil facilita o pagamento dos tributos municipais

A ferramenta dixital, que xa está dispoñible , busca potenciar a utilización da administración electrónica nestes tempos de Covid

A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa entidade financeira ABANCA, pon en marcha desde esta semana unha aplicación móbil que sirve como novo instrumento de pagamento dos tributos municipais e calquera outro ingreso de dereito público xestionado polo ente provincial. Con esta nova ferramenta dixital, as persoas usuarias serán quen de realizar o pago dos impostos xestionados polo ORAL cunha maior facilidade, dende calquera lugar e en calquera momento dentro dos períodos de cobro de cada mes.

 

A aplicación, dispoñible para os sistemas operativos Android e IOS, é de carácter gratuíto. Así, a creación desta nova app móbil busca fomentar a utilización da administración electrónica co obxectivo de evitar, nestes tempos de Covid, desprazamentos innecesarios fóra do fogar

 

A posta en marcha da aplicación móbil atópase inserida dentro do paquete de medidas urxentes extraordinarias nos ámbitos social e económico establecido pola Deputación de Pontevedra para facer fronte ó virus.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.