GALICIA
Meteogalicia incorpora información sobre a previsión de radiación ultravioleta
A web de Meteogalicia incorpora unha serie de cambios, xa operativos , co fin de mellorar o acceso á información meteorolóxica aos cidadáns
A páxina web de Meteogalicia ofrece información sobre a previsión do índice de radiación ultravioleta na súa predición xeral. Trátase dunha das novidades informativas que se vén de incorporar á web de Meteogalicia e que ata o momento só estaba dispoñible nas previsións específicas para as praias e as previsións marítimas en xeral; pero dado o interese dos usuarios, e máis de cara á nova tempada estival, decidiuse ampliala á información xeral.
Outra das novidades introducidas está relacionada coa previsión de concellos a medio prazo (predición a partir do cuarto día de previsión), de tal xeito que se inclúe un documento para axudar aos usuarios a interpretar a nova presentación das probabilidades de tempo seco, nubrado ou chuvioso.
Unha das modificacións afecta á predición a medio prazo para trasladar aos usuarios datos sobre as probabilidades de tempo seco, nubrado ou chuvioso
O último dos cambios introducidos é nova información no apartado de avisos na web principal. Así, ao entrar no portal de Meteogalicia indicaranse etiquetas para tres xornadas, unha correspondente ao día da consulta e dúas etiquetas para as dúas xornadas seguintes.
O color de fondo de cada etiquete será equivalente ao nivel máximo de aviso. Ata a actualidade, soamente se visualizaba a información de dúas xornadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168