TUI
A Xunta convoca os titulares dos terreos afectados polas obras na PO-552
Os propietarios das fincas de Tomiño están convocados o 22 de xullo, entre as 11 e as 13,30 horas na Casa do Concello e os propietarios de Tui o día 23, entre as 11 e as 12,30 h na Casa do Concello de Tui
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra a convocatoria, para o 22 e 23 de xullo, dos titulares dos terreos afectados polas obras de mellora de seguridade viaria na estrada PO-552, en Tomiño e Tui, para a formalización das actas de ocupación.
No caso de Tomiño, os propietarios das fincas deberán acudir o día 22 de xullo, entre as 11 e as 13,30 horas, á Casa do Concello. Os titulares de terreos en Tui participarán no mesmo procedemento o día 23, entre as 11 e as 12,30 horas, na Casa do Concello de Tui.
Esta actuación está en proceso de adxudicación, polo que as obras poderán comezar unha vez os terreos estean xa dispoñibles.
Trátase dun proxecto enmarcado na estratexia da Xunta para eliminar os tramos de concentración de accidentes (TCA) nas estradas autonómicas.
Esta actuación está en proceso de adxudicación, polo que as obras poderán comezar unha vez os terreos estean xa dispoñibles
As obras levaranse a cabo no treito da PO-552 comprendido entre os puntos quilométricos 58+300 a 64+400 e 68+500 a 69+900.
Os traballos realizaranse entre a glorieta do acceso a Figueiró e a parroquia de Sobrada e proxéctase ademais una mellora da intersección existente na PO-350 no punto quilométrico 71+000, que aínda que está fora dos treitos cualificados como TCA é necesario mellorar.
As principais actuacións inclúen a construción de tres glorietas: unha na intersección coa PO-344, de acceso ao núcleo de Tomiño; outra ao final da travesía do Ramo, para facilitar os xiros en condicións de seguridade; e outra no punto quilométrico 71+000, para mellorar a seguridade no cruce coa estrada Areas- Tomiño (PO-350).
Tamén se efectuará a mellora da intersección cara a Dorrada, ampliando o carril central de espera para os xiros á esquerda.
Executaranse cuñas para o cambio de velocidade nas interseccións de maior tráfico, para facilitar as saídas da estrada ou ás incorporacións a ela e tamén vías de servizo en varios treitos para canalizar os accesos, permitindo os xiros en puntos máis seguros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8