MOS
Inicio da limpeza de fincas que non foron desbrozadas polos seus propietarios
A repercusión dos custes recae sobre os titulares das parcelas coa imposición das sancións correspondentes
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Medio Ambiente, Leo Costas, informaron esta semana de que empezan as execucións subsidiarias de Medio Ambiente para a limpeza de fincas dentro do un Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais.
Neste senso, e para tranquilidade dos denunciantes, anúnciase que se procede a limpeza de fincas con expediente sancionador de Medio Ambiente que non foron limpadas polos seus propietarios no prazo establecido. E comunícase, para coñecemento dos propietarios que, ante calquera dúbida, poden chamar por teléfono á concellería de Medio Ambiente (986 09 70 37) para pedir cita e acudir a aclarar as cuestións que se plantexen a este respecto.
Ademais desde a concellería de Medio Ambiente infórmase de que se procederá tamén a sancionar con multas coercitivas ao resto de denuncias.
Este procedemento atópase incluído no Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais que o Concello de Mos aprobou tras terse adherido ao convenio coa Consellería do Medio Rural, SEAGA e a Fegamp.
Ante calquera dúbida, os propietarios poden chamar por teléfono á concellería de Medio Ambiente para pedir cita e acudir a aclarar as cuestións que se plantexen a este respecto
O Concello de Mos adheriuse o ano pasado a este Convenio que ten por obxecto instrumentar a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, Seaga, e a Fegamp, mediante o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nos montes ou terreos forestais incluídos nas redes de faixas secundarias de xestión de biomasa, remitindo a Xunta de Galicia o Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais do Concello de Mos.
O Plan Municipal intégrase dentro do PLADIGA (Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia) e dos Plans de Distrito; así como no Plan de Emerxencias Municipal.
Este Plan Municipal inclúe aproximadamente 15.000 fincas inventariadas cuxos propietarios deben proceder á súa limpeza. Deste xeito se deberá dar cumprimento por parte dos propietarios e propietarias de todos os predios, montes e soares incluídos no plan de prevención ás obrigas de prevención e defensa contra os incendios forestais, manténdose nas mellores condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade e limpeza co fin de previr e evitar o risco de incendios, sendo as distancias de seguridade a respectar de 50 metros desnde as edificacións libre de maleza e libre de pino, mimosa, eucalipto, fento, toxo, acacias e resto das especies que regula a normativa e requirindo en caso contrario por parte do Concello o seu cumprimento, podendo contratar no seu caso a xestión co SEAGA (Empresa Publica de Servizos Agrarios Galegos, S.A.) da Xunta de Galicia. En caso de incumprimento execútase de forma subsidiaria con repercusión dos custes ás persoas responsables e coa imposición das sancións correspondentes, fase que se inicia agora.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58