GALICIA
O comercio galego busca achegar confianza aos consumidores na súa reactivación
Recoméndase non acudir ao traballo en caso de febre ou síntomas respiratorios compatibles coa enfermidade por COVID-19.
O sector conta con todas as recomendacións elaboradas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga)
A volta a actividade do comercio galego busca achegar a máxima confianza aos consumidores para que a súa reativación sexa o máis segura segura posible.
Para iso a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), elaborou e distribuiu aos sectores produtivos diverso material específico con recomendacións para a prevención ante o coronavirus para diferentes sectores produtivos, entre eles o comercio.
Antes de ir ao traballo
A documentación, consensuada co sector, recolle medidas a ter en conta antes de ir traballar, como identificar ás persoas sensibles, non acudir en caso de febre (máis de 37º), síntomas respiratorios ou se se sospeita de ter contactos próximos cunha persoa infectada pola COVID-19. Tamén os desprazamentos, teñen que facerse preferentemente de xeito individual e, no caso do transporte público utilizar obrigatoriamente máscaras, que serán igualmente obrigatorias sempre que non se manteña a distancia de seguridade.
Distancias de seguridade
Ademáis se incide na distancia de seguridade que deberá ser de dous metros entre clientes, produtos e persoal, delimitar as zonas con sinalización que recorde evitar o contacto. Tamén recomendan controlar o aforo, organizando a entrada por quendas e indicando un horario de atención preferente a maiores de 65 anos e controlar a circulación de persoas no interior de oficinas ou comercios de xeito que se cumpran as recomedacións de distancia establecidas. O uso da máscara é obrigatorio nos espazos públicos sempre que non se poida respetar a distancia mínima de seguridade entre persoas.
![[Img #63043]](https://xornal21.com/upload/images/06_2020/7392_foto-2.jpg)
Hixiene e limpeza
En canto á hixiene e limpeza faise fincapé no lavado frecuente de mans, evitar tocar nariz, ollos e boca, cubrir as vías respiratorias cun pano desbotable ao tusir ou esbirrar, así como limpar e desinfectar espazos frecuentemente (mostradores, pomos, probadores...), ventilar frecuentemente, protexer o produto para evitar a súa contaminación pola exposición e manipulación e uso de máscara hixiénica ou cirúrxica durante a estancia no comercio.
Tamén se recollen medidas organizativas como a sinalización no chan das distancias e camiños e fomentar o pago por medios electrónicos así como o comercio online. O Goberno galego insiste tamén na importancia de empregar material recomendado polas autoridades sanitarias e reforzar a dispoñibilidade de material de limpeza e hixiene.
Faise fincapé no lavado frecuente de mans, e evitar tocar ollos, nariz e boca
Tamén é recomedable por a disposición dos usuarios solucións hidroalcohólicas, luvas e panos desbotables para o uso público na entrada e no interior do comercio ou oficina.
Recomendacións para as oficinas
Deberanse de limitar as actividades grupais presenciais como reunións ou formación e valorar a necesidade de fixar quendas de traballo e utilizara flexibilidade horaria para evitar a coincidencia de persoas nas horas punta.
Outra obriga é a de usar máscaras sempre e cando a distancia sexa inferior aos dous metros, tamén se recomenda o uso de luvas desbotables para manipular a documentación dos usuarios e cando se comparta material de oficina.
Tamén é recomendable adaptar o posto ou limitar as tarfeas con maior posibilidade de contactos o persoal máis vulnerable.
Dentro da campaña de divulgación e información de comercio seguro, enviaranse elementos informativos para colocar nos mostradores dos establecementos comerciais que levarán recomendacións da Xunta, así como unha campaña en redes sociais, baixo o lema #SeguimosAdiante.
Recoméndase non acudir ao traballo en caso de febre ou síntomas respiratorios compatibles coa enfermidade por COVID-19.A volta a actividade do comercio galego busca achegar a máxima confianza aos consumidores para que a súa reativación sexa o máis segura segura posible.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104