Lunes, 20 de Abril de 2026

Actualizada Domingo, 19 de Abril de 2026 a las 18:49:46 horas

Xornal21.es
Domingo, 07 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
TUI

O próximo luns reactívase o control da Zona Azul en Tui

Dende o inicio do estado de alarma suspendérase a limitación de estacionamento nestas prazas

O próximo luns, 8 de xuño, reactivarase o control na Zona Azul de estacionamento gratuíto e limitado no tempo, que se suspendera no inicio do estado de alarma.


A Zona Azul, na que se pode estacionar de forma gratuíta durante un máximo de hora e media, aplícase nas rúas Augusto González Besada, Foxo e Rosa Bahamonde e as súas travesías.  Tamén nas novas prazas de estacionamento en Calvo Sotelo dende o cruzamento con Augusto González Besada até o cruzamento coa rúa Maristas. Son en total máis dun centenar de prazas.


O estacionamento gratuíto limitado a hora e media aplícase nestes viarios de 9 a 14 h e de 16 a 21 h salvo domingos e festivos, segundo recolle a Ordenanza Reguladora aprobada en 2008.


Dende o próximo luns a Policía Local encargarase novamente de controlar á Zona Azul para garantir a mobilidade dos vehículos estacionados.  Débese colocar o disco horario coa hora de chegada en lugar visible no parabrisas. O disco pódese adquirir, por un prezo de 0,60€ na tesourería na casa do concello, e nos comercios co indicativo. Tamén se pode empregar o disco de zonas azuis doutros concellos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.