Lunes, 23 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 09 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Continúa o acondicionamento das praias da Guarda

Ante a emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19 as praias estanse acondicionando seguindo as recomendacións para a apertura de praia e zonas de baño trala crisis da COVID-19,  documento elaborado polo Ministerio de Sanidad.

 

Unha acción importante é a informativa polo que se instalaron nos principais accesos das praias carteis informativos coas indicacións de distancia social e comportamento.

 

Outra medida destacada é a hixiene, polo que o Concello da Guarda elaborou un plan de limpeza dos aseos das praias para dar así cumprimento as medidas sanitarias para evitar o contaxio do COVID-19. Este plan de limpeza comezou o día 1 de xuño e continuará ata setembro.

 

Por último, indicar que dende hai xa algunhas semanas, se está procedendo a limpeza dos areais e  continuarán durante estas semanas as labores de desbroce para que ao comezo oficial da temporada de praias, o 15 de xuño, xa estean acondicionadas as instalacións e o entorno das nosas praias.

 

Informan tamén que, na Praia do Muíño, estase a levar a cabo a Obra de mellora e  acondicionamento dos accesos á praia de O Muíño, que como outras accións, sufriu a paralización ocasionada pola grave pandemia do COVID 19. Estase traballando para ter rematada dita obra de mellora o antes posible, polo que rogamos a comprensión dos bañistas e visitantes deste espazo, somos coñecedores de que as obras poden ocasionar malestar, pero unha vez rematada, mellorará moito o acceso principal a este areal, para desfrute de todos e todas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.