GALICIA
Galicia reclama ao Estado "garantías e axilidade" para o desaloxo de vivendas ocupadas
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasládalles aos representantes do Ministerio a necesidade urxente de garantir a seguridade xurídica do mercado inmobiliario e ve insuficiente o mecanismo do desafiuzamento exprés ante a aparición dos primeiros casos de ocupación na comunidade
A Xunta de Galicia acaba de esixir ao Goberno central que actúe con celeridade e eficacia para garantir axilidade nos desaloxos daquelas vivendas que están sendo ocupadas ilegalmente. Esta foi unha das principais reclamacións que levou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ante a Conferencia Sectorial de Vivenda, Urbanismo e Solo convocada polo Estado para analizar as medidas adoptadas neste eido con relación á covid-19.
Cómpre lembrar que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana non citaba ás comunidades para participar nunha reunión sectorial desde marzo do ano 2018, a pesar de que a Xunta solicitara xa en varias ocasións durante os últimos meses a súa convocatoria.
Durante o encontro, a conselleira expuxo a crecente inquedanza que está a suscitar a ocupación de vivendas baleiras entre as comunidades autónomas e o sector inmobiliario, en particular. Por iso e a pesar de recoñecer que a chamada Lei de desafiuzamento exprés (aprobada hai dous anos para axilizar os desaloxos de okupas) supuxo un avance, Ángeles Vázquez defendeu que resulta “insuficiente” para responder á situación actual.
No caso concreto de Galicia e ante a recente aparición de casos puntuais en varios municipios, a Xunta ve necesario outorgar e garantir maior seguridade xurídica aos alugueiros co fin de evitar novas ocupacións e a conseguinte alarma social, así como unha progresiva desincentivación da saída ao mercado de vivenda en réxime alugueiro debido á incerteza que pode xerar esta situación entre algúns pequenos propietarios ou promotores.
Esta é unha preocupación, como lembrou a conselleira, que xa lle teñen trasladado á Xunta representantes dos intermediarios inmobiliarios que operan en Galicia, administradores de fincas e axentes da propiedade inmobiliaria. Por iso, esixiulle ao secretario xeral de Axenda Urbana e Vivenda, David Lucas Parrón, e ao secretario de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Pedro Saura, -que dirixiron a reunión en lugar do ministro José Luis Ábalos- maiores garantías xurídicas para poder axilizar os desaloxos de vivendas ocupadas no conxunto do país.
Durante a conferencia sectorial de Vivenda, Urbanismo e Solo, lembra que a Xunta segue á espera da autorización ministerial para poder destinar os remanentes que ten o IGVS de convocatorias anteriores ás novas axudas ao alugueiro pola covid-19
Noutra orde de asuntos, a conselleira aproveitou a xuntanza para reiterar unha vez máis a necesidade de que o Estado autorice á Xunta a utilizar os remanentes de crédito do Plan estatal de vivenda correspondentes ás anualidades de 2018 e 2019, para poder destinalos a pagar axudas que no momento actual garantan o mantemento do seu fogar a un maior número de galegos.
Nesta liña, insistiu en que atender esta petición non suporía para o Ministerio facer ningún ingreso adicional, debido a que se trata de remanentes que xa están no Tesouro da comunidade. Así, explicou que estas contías foron ingresadas no seu momento polo Estado e quedaron nas contas da Administración autonómica porque non se abonaron aos beneficiarios de axudas que non xustificaron a totalidade ou parte da subvención concedida.
Dotación insuficiente e medidas da Xunta ante a covid-19
A día de hoxe, a conselleira sinalou que aínda non se recibiu a autorización expresa do Goberno para empregar ditos recursos públicos e que suman case 5 millóns de euros. “Estes fondos poderían destinarse a habilitar axudas ao alugueiro e implicarían que Galicia executou ao 100 por cen do orzamento consignado nas anualidades 2018 e 2019 do Plan estatal de vivenda”, remarcou durante a súa intervención ante a Conferencia Sectorial, na que tamén participou o director xeral de Vivenda e Solo do Ministerio, Francisco Javier Martín.
Asemade, Vázquez Mejuto indicou que se trata dunha cantidade que incrementaría a escasa financiación habilitada polo Estado para a convocatoria de axudas que minimicen o impacto da crise da covid-19. Recordou que a Galicia lle corresponderon 5,7 millóns de euros do fondo extraordinario do Goberno, que a Xunta completou ata chegar aos case 8 millóns de euros, dispoñendo fondos doutros remanentes. En todo caso, a dotación inicial desta liña de subvencións -que se convocou o pasado 22 de maio- será claramente insuficiente para atender a todos os posibles beneficiarios que cumpren na comunidade as condicións establecidas polo Estado.
Por outra banda, a conselleira de Medio Ambiente informou durante a sectorial das medidas que a Xunta de Galicia estableceu, sen mediación do Goberno e por decisión propia, para axudar a aqueles colectivos máis vulnerables e aos que a crise sanitaria puido golpear con máis forza. Concretamente, explicou a súa decisión de asumir que o Bono de alugueiro social cubriría o 100% do importe da renda dos beneficiarios do programa entre os meses de abril e decembro, de xeito que se estima que unhas mil familias vulnerables non terán que abonar nada en concepto de alugueiro durante este período.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168