Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 11 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación inxecta máis dun millón de euros en oito concellos da provincia

As achegas, enmarcadas no Plan Concellos 2020, van destinadas á mellora de infraestruturas, espazos dedicados á práctica deportiva e contratación de persoal

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a concesión de novas achegas por valor de máis de 1,1 millóns de euros (1.109.458,85 €), ao abeiro do Plan Concellos 2020, que benefician neste caso a oito municipios da provincia: Lalín, Marín, Moraña, Salceda, Rodeiro, Baiona, Bueu e Mondariz. Con estas axudas a institución provincial leva outorgados no que vai de ano 17,6 millóns de euros entre as tres liñas do Plan Concellos.


    
No caso da Liña 1 de Investimentos son cinco novas achegas por valor de 706.608,65 euros, que irán destinadas aos concellos de Lalín, Marín, Moraña, Salceda de Caselas e Rodeiro. A maioría van estar dedicadas a obras de pavimentación, mellora de camiños e servizos e a un proxecto de campo de fútbol. Así, para Lalín apróbase unha subvención por importe de 145.377 euros para a ampliación de servizos na Rúa Calzada; a Marín achéganse 310.283 euros para a redacción do proxecto básico e de execución do campo de fútbol da Raña; Moraña recibirá 119.443,68 euros para financiar muros de contención e pavimentación en camiños municipais; Salceda de Caselas 62.791,80 euros para o proxecto de asfaltados dos camiños da Pedra dos Amieiros, da Besada, Pedreira e Casal; e a Rodeiro 68.713,17 euros para financiar a mellora de camiños rurais en Rañestras, A Puza e Penerbosa.

 

 

 

 

As axudas outorgadas nesta ocasión elevan a 17,6 millóns de euros as aportacións concedidas xa este ano no marco do plan

 

 

 

 

Doutra banda, a Xunta de Goberno aprobou a modificación de tres achegas da Liña 3 de Emprego concedidas aos concellos do Baiona, Bueu e Mondariz, cun orzamento de máis de 402.000 euros. Os municipios solicitaron estes cambios para realizar reaxustes por mor da situación derivada da crise sanitaria producida pola Covid 19 nas categorías, duración e orzamento das ata 30 contratacións que farán en total.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.