Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 08 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

O BNG propón habilitar pavillóns como colexios electorais

"Moitos dos lugares nos que se vai votar o 12 de xullo non cumpren cos requirimentos mínimos para aplicar os protocolos de seguridade" aseguran

Dende o BNG, veñen de emitir un comunicado no que sinalan que no concello de Mos, unha parte importante dos espazos habilitados como colexios electorais para o 12 de xullo pertencen a entidades culturais ou veciñais e non están adaptados para cumprir os protocolos de seguridade que se van esixir durante a chamada “nova normalidade”.

 

 

 

 

Gustavo Barcia defende que as directivas das asociacións veciñais deben ser liberadas da responsabilidade de preparar os locais para as eleccións

 

 

 

 

O portavoz nacionalista no concello de Mos, Gustavo Barcia, sinala que a maior parte dos locais “non contan con espazo suficiente para asegurar o distanciamento social, non teñen unha entrada e unha saída diferentes nin están ben ventilados”, entre outras cousas. Por este motivo, o BNG de Mos solicitou por escrito ao goberno municipal que os pavillóns deportivos sexan habilitados como colexios electorais, xa que nestas instalacións si que sería posible garantir o cumprimento dos protocolos sanitarios nunha xornada na que se prevé unha importante mobilización do electorado.

 

Do mesmo modo, o BNG defende que as directivas das asociacións culturais e veciñais do concello de Mos non deben asumir, en ningún caso, a responsabilidade de preparar os centros de votación. Barcia entende que, en caso de que estes locais se manteñan como colexios electorais, a Xunta e o Concello de Mos deberán encargarse de xestionar a limpeza e a adecuación destes espazos conforme aos protocolos fixados polas autoridades sanitarias.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.