Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 10 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Xornadas de orientación académica virtuais IES de Mos

Que fago despois do Bacharelato?

O IES de Mos organiza unha xornadas de orientación académica para 2º de Bacharelato a través de directos de Instagram durante os días mércores 10 e xoves 11 de xuño.

 

A situación de Estado de alarma e ausencia de clases presenciais obrigou a dar unha volta de calcetín aos mecanismos de comunicación e de aprendizaxe do alumnado. Docentes e estudantes tiveron que se adaptar a unha situación que impedía un dos eixos do ensino secundario, a presencialidade. Isto non foi obstáculo para que o IES de Mos organizase unhas xornadas de orientación académica destinadas ao alumnado, sobre todo de 2º de Bacharelato.

 

As Xornadas, baixo o título “Que fago despois do Bacharelato”, celebraranse o mércores 10 e o xoves 11. Están pensadas como directos de Instagram e pretenden ofrecer contacto directo con nove persoas pertencentes a nove ámbitos académicos e profesionais diferentes. Docentes universitarios, de ciclo superior, licenciados e profesionais de empresa falarán sobre diferentes posibilidades de ampliación de estudos na etapa posbacharelato.

 

As xornadas contarán con profesorado das tres universidades galegas nas especialidades de Antropoloxía, Belas Artes, Empresariais e Socioloxía, un licenciado en Historia, o Xefe de Departamento do Ciclo Superior de Servizos Sociocultuarais e á Comunidade do IES de Chapel, un enxeñeiro de telecomunicacións , un consultor senior dunha Big Four e o orientador do IES de Mos.

 

A xornadas “Que fago despois do Bacharelato?” poderanse seguir en directo no Instagram “historiasdepaulo”. O programa completo é o que segue:

 

Mércores 10

10:30 h Emilio García Roselló (Subdir. da Escola Universitaria Estudos Empresariais da UVigo)

12:00 h Xohán Álvarez (Orientador do IES de Mos)

13:00 h Brais Rodriguez Otero (CS Servizos á Comunidade IES de Chapela)

19:00 h Guadalupe Jiménez Esquinas (Profesora de Antropoloxía da USC)

20:00 h Gustavo Barcia Seijo (Licenciado en Historia pola Uvigo)

 

Xoves 11

12:00 h Chelo Matesanz (Profesora da Fac. de Belas Artes da UVigo)

13:00 h Belén Fernández Suárez (Profesora de Socioloxía da UDC)

19:00 h Ángel Ansoar Mazaira (Consultor senior dunha Big Four)

20:00 h J. Benito Fernández Trigás (Enxeñeiro de Telecomunicacións)

 

Teléfono de contacto

Paulo Jablonski 666934347

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.