GALICIA
Asinan o acordo que establece o sistema de carreira profesional do persoal dos xulgados
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, indicou que con esta sinatura a Xunta cumpre co último dos compromisos acadados coa finalización da folga no ano 2018
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, asinou esta mañá o acordo coas organización sindicais SPJ-USO, UGT e CC.OO que establece o sistema de carreira profesional do persoal da Administración de Xustiza galega, polo que se recollen entre outros, melloras nas súas condicións de traballo.
No mes de maio do 2018, o Goberno galego e organizacións sindicais SPJ-USO, UGT e CC.OO. asinaron un acordo que recollía unha serie de melloras das condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia, que se iniciaron xa nese momento. Estas medidas son o incremento salarial de entre 122 e 140 euros en función do corpo funcionarial de pertenza, a consolidación de prazas de persoal interino de reforzo, a ampliación dos permisos de maternidade ou paternidade ou melloras nos xulgados con competencias en materia de violencia de xénero.
Incremento salarial, consolidación de prazas de persoal interino de reforzo, ampliación dos permisos de maternidade ou paternidade ou melloras nos xulgados de violencia de xénero, foron algunhas das melloras xa postas en marcha
Outra das melloras previstas no acordo era o compromiso da Xunta de Galicia a articular a implantación dun sistema de carreira profesional que, no marco legal que lles é propio aos funcionarios ao servizo da Administración de xustiza, permitira aplicar un recoñecemento da súa traxectoria profesional en condicións similares ao do resto de empregados públicos da comunidade autónoma, para o que xa fora prevista unha cantidade nos orzamentos de 2020.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168