GALICIA
A Lei galega de residuos pendente de aprobación
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que o anteproxecto da Lei galega de residuos e solos contaminados quedou pendente de aprobación, debido á convocatoria de eleccións ao Parlamento de Galicia
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, animou ao conxunto da sociedade a presentar alegacións ao Anteproxecto de Lei de residuos e solos contaminados estatal, que vén de iniciar o seu período de exposición pública e cuxo prazo remata o vindeiro 3 de xullo.
Así lle lo trasladou esta semana aos representantes dos grandes distribuidores de alimentos, cos que mantivo unha reunión por videoconferencia para abordar a futura lexislación en materia de envases de plásticos dun só uso.
A conselleira recordou que en Galicia quedou pendente a aprobación da Lei de residuos e solos contaminados, debido á convocatoria de eleccións ao Parlamento; polo que o texto galego será revisado no caso de que se aprobe o estatal e por ser esta a última lexislación básica.
Nese sentido, apostou porque ambos textos camiñen da man e avancen no obxectivo prioritario e primordial marcado polo Goberno galego coa nova Lei de residuos de Galicia, como é a loita contra o plástico e o desperdicio alimentario, dúas cuestións nas que as condutas responsables dos grandes distribuidores de alimentos poden aportar moito.
A conselleira explicou que un dos artigos da Lei estatal que afectará ás empresas deste sector é o 41, relativo á prohibición dos produtos de plástico; polo que a partir do 3 de xullo de 2021 quedará prohibida a introdución no mercado de recipientes para alimentos feitos de poliestireno expandido, tales como caixas -con ou sen tapa- utilizados co fin de conter alimentos destinados ao consumo inmediato, in situ ou para levar, que normalmente se consomen no propio recipiente, e están listos para o consumo sen ningunha outra preparación posterior, como cociñar, ferver ou quentar; así como os recipientes para bebidas feitos de poliestireno expandido, incluídos as súas tapas e tapóns.
Asemade, outro dos artigos de Lei que terá incidencia na actividade da distribución da alimentación é o 40, que establece que en 2020 debe reducirse o consumo de plásticos dun só uso nun 50 %, chegando ao 70 nos seguintes cinco anos, no 2030.
Ángeles Vázquez sinala que Galicia foi pioneira ao avanzar nun texto normativo cun claro e directo obxectivo, como é a loita contra o plástico
A conselleira sinalou que a futura Lei estatal avanza na senda fixada na Lei de residuos de Galicia, que considera que os recipientes elaborados en plástico deben reciclarse e reutilizarse, polo que as botellas PET conterán polo menos un 25 % de plástico reciclado en 2025 e a partir de 2030 polo menos un 30 % de plástico reciclado.
Outro dos aspectos que tamén deberán ter en conta é que en menos de cinco anos só se poderán comercializar recipientes de plástico dun só uso para bebidas de ata tres litros de capacidade e envases compostos para bebidas que teñan tapas e tapóns de plástico, é dicir, que permanecerán unidos ao recipiente.
Imposto verde
A conselleira de Medio Ambiente sinalou que unha das novidades que recolle o texto normativo do Goberno de España é a creación dun imposto que pretende gravar a fabricación, importación ou adquisición intracomunitaria dos envases de plástico non reutilizables, así como outros produtos plásticos que conteñan líquidos ou sólidos ou para envolver produtos (film). Establécese un custo de 0,45 €/kg, que acabarían asumindo os consumidores, pois o fabricante e o importador acabaríao aplicando sobre o custo do produto.
Este imposto verde é, precisamente, un dos aspectos do futuro marco normativo estatal que máis críticas e inquedanza está a xerar entre as empresas distribuidoras de alimentos. Así llo trasladaron esta mañá os representantes do sector en Galicia a Ángeles Vázquez, quen lembrou que en materia de residuos a Xunta sempre apostou máis pola vía de incentivar e fomentar as boas prácticas, que por penalizar aos produtores con novos gravames.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87